Seragro, S.C.G.

AXUDAS XESTION, SUBSTITUCION E ASESORAMENTO Publicado DOGA Nº 61 31-03-2010

AddThis Social Bookmark Button

Orde do 25 de marzo de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas en concorrencia competitiva para a implantación de servizos de xestión, substitución e asesoramento nas explotacións agrarias, e se convocan para o ano 2010.

AXUDAS A IMPLANTACIÓN DE SERVIZOS DE ASESORAMENTO E/OU XESTIÓN

 

Os beneficiarios poderán ser entidades privadas sen ánimo de lucro ou cooperativas e as súas unións ou federacións, excepto ADSG, Atrias, ADF e unións ou federacións destas.

 

Estas entidades deberan estar recoñecidas e inscritas no Rexistro de Entidades con Servizos de Asesoramento ou Xestión de Galicia (Resaxega) e cumprir unha serie de requisitos detallados na presente orde.

 

A subvención será por un período de 5 anos, contado dende o inicio da actividade e cunha intensidade de axuda decrecente dendo o 50% no primeiro ano ata un 10% no quinto.

 

 

AXUDAS A IMPLANTACIÓN DE SERVIZOS DE SUBSTITUCIÓN

 

Poderán beneficiarse destas axudas as cooperativas ou entidade asociativas do sector que implanten servizos de substitución para os seus asociados, así como empresas que leven a cabo esta actividade nas condicións establecidas nesta orde.

 

A axuda tamén será por un período máximo de 5 anos cunha intensidade máxima do 80% para o primeiro ano e decrecente nos anos posteriores cun máximo dun 16% no quinto.

 

 

SOLICITUDES

 

O prazo de presentación de solicitudes para a convocatoria de 2010 remata o 1 de maio de 2010.

 

Pincha aquí para descargar pdf