Seragro, S.C.G.
Axudas POR SACRIFICIO OBRIGATORIO
- Detalles
- Publicado o Venres, 07 Xaneiro 2011 09:04
- Visitas: 323
Orde do 29 de decembro de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de indemnizacións, axudas de compensacións complementarias e axudas para a compra de gando bovino e ovinocabrún que teña por obxecto a reposición das reses, como consecuencia do sacrificio obrigatorio de gando en execución dos programas de control e erradicación de enfermidades dos animais, e se convocan para o ano 2011.
Esta orde establece as bases reguladoras e convoca para o ano 2011:
- Indemnizacións por animais sacrificados e/ou destruídos con motivo da erradicación de enfermidades animais
- Axudas de compensación complementarias polo período de inactividade ocasionado por eses sacrificios
- Axudas para a compra de animais das especies bovina, ovina e cabrún co obxecto de repoñer os animais sacrificados
Se os animais bovinos sacrificados pertencen a explotacións en Control leiteiro, poderase concederse unha contía adicional nun importe por animal igual ao resultado de multiplicar 0,15 euros polos quilos de leite resultantes de aplicar a diferenza entre o rendemento leiteiro medio de, polo menos, o 60% da femias da explotación con maior rendemento e a cantidade de 6.700 quilos.
Exemplo para unha explotación cunha media de 8.700 quilos, suporía uns 300 € a maiores por animal.
Créase unha axuda complementaria para a compra de gando bovino e ovino-cabrún para a reposición nos casos de baleiro sanitario nunha explotación durante o ano 2010, a contía máxima da axuda será a resultante de restar ao custo total de adquisición dos animais as cantidades percibidas en concepto de indemnización polo sacrificio obrigatorio dos animais, o importe recibido polas canais no matadoiro ou na comercialización dos animais, o do correspondente seguro en caso de cubrir a póliza o risco de saneamento gandeiro ou EETs ou a enfermidade da lingua azul, e as axudas percibidas para a reposición conforme a orde do 9 de decembro de 2009 e/ou conforme a sección terceira desta orde, de ser o caso.
Esta axuda complementaria concederase en réxime de concorrencia competitiva, e a reposición con animais de razas puras inscritos nos libros xenealóxicos aporta 5 puntos extra.