Seragro, S.C.G.
Axudas PLANS DE MELLORA E PRIMEIRA INSTALACIÓN
- Detalles
- Publicado o Venres, 07 Xaneiro 2011 08:34
- Visitas: 252
Orde do 29 de novembro de 2010 pola que se modifica a Orde do 31 de maio de 2010, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas en concorrencia competitiva para a mellora da eficacia e sustentabilidade das explotacións agrarias e para a incorporación de novos activos agrarios, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013, e se convocan para o ano 2011.
Esta orde ten por obxecto modificar as bases reguladoras da Orde do 31 de maio de 2010 e convocar estas liñas de axudas para o ano 2011.
PLANS DE MELLORA:
As persoas interesadas nesta liña de axudas terán que cumprir unha serie de requisitos entre os cales estan:
- Ser titular dunha explotación agraria
- Presentar un plan de mellora da súa explotación
- Presentar un compromiso por escrito de exercer a actividade durate polo menos cinco anos dende a certificación dos investimentos
- Acreditar a viabilidade económica
- Estar ao día nas obrigas fiscais
- Acadar polo menos unha UTA
- Cumprir coas normas mínimas en materia de ambiente, hixiene e benestar dos animais
Persoas físicas titulares:
- Ser agricultor profesional
- Posuír a capacitación agraria suficiente
- Ter entre 18 e 65 anos
Persoas xurídicas:
- Ser unha explotación agraria prioritaria
- Que a súa actividade principal sexa a agraria
Cando a explotación pertenza a unha comunidade de bens, deberá presentar ademáis os estatutos e acta de constitución e acreditar que polo menos o 50% dos comuneiros reúnen os requisitos especificados para as persoas físicas.
Establécense uns valores de investimentos máximos en función da forma xurídica da explotación e o número de UTAs.
PRIMEIRA INSTALACIÓN AGRICULTORES MOZOS/AS
Requisitos:
- Posuír o nivel de capacitación profesional suficiente
- Instalarse nunha explotación agraria que requira polo menos unha UTA
- Comprometerse a exercer a actividade durante 5 anos
- Cumprir coas normas mínimas en materia de ambiente, hixiene e benestar dos animais
- Ter entre 18 e 40 anos
A solicitude deberá presentarse antes da primeira instalación ou dentro dos seis primeiros meses posteriores a ela.
No caso de ambas liñas de axudas trátase de axudas en réxime de concorrencia competitiva, en función das dispoñibilidades orzamentarias, así que as solicitudes que cumpran os requisitos establecidos nesta orde, clasificaranse en función dunha serie de criterios referidos ao titular e á explotación.
No caso de expedientes de axuda presentados ao abeiro da convocatoria de 2010 respecto dos cales non se ditou resolución expresa de concesión da axuda, o interesado pode solicitar que sexa tida en conta na convocatoria de 2011.
O prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro 28 de febreiro de 2011, non obstante para a primeira instalación en caso de morte, xubilación ou invalidez do titular o prazo permanecerá aberto ata o 30 de novembro.