Seragro, S.C.G.

AXUDAS PARA PALIAR OS DANOS DO XABARIL

  • imprimir
AddThis Social Bookmark Button

Orde do 12 de abril 2010, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo xabaril  e se convocan para o ano 2010.

 

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas para compensar os danos causados polo xabaril non cultivos agrícolas.

 

Poderán acollerse a estas acudas os agricultores e gandeiros profesionais que sufrisen danos nos seus cultivos entre o 1 de outubro de 2009 e o 30 de setembro de 2010.

 

Os danos deben ser comunicadso á Consellería do Medio Rural nun prazo máximo de 7 días mediante chamada telefónica ao 012, ou a través da web:   https://www.xunta.es:444/caza/

 

Os danos que se producisen entre o 1 de xaneiro de 2010 e o 19 de abril de 2010 deberán ser comunicados a Consellería de Medio Rural antes do 20 de maio de 2010 mediante algún dos medios indicados anteriormente.

  

O prazo para presentar a solicitude de axuda remata o 15 de outubro de 2010, non obstante, para os danos producidos entre o 1 de outubro de 2009 e a entrada en vigor desta orde, a solicitude de axuda poderase tramitar a partir da entrada en vigor desta orde.

 

Os danos producidos a partir do 1 de outubro de 2010 e ata a entrada en vigor da orde do próximo ano, os danos terán que comunicarse igual que durante o resto do ano.

Pincha aquí para descargar Orde do 12 de Abril 2010 en pdf