Seragro, S.C.G.
AXUDAS PARA PALIAR OS DANOS DO XABARIL
- Detalles
- Publicado o Luns, 19 Abril 2010 11:09
- Visitas: 161
Orde do 12 de abril 2010, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo xabaril e se convocan para o ano 2010.
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas para compensar os danos causados polo xabaril non cultivos agrícolas.
Poderán acollerse a estas acudas os agricultores e gandeiros profesionais que sufrisen danos nos seus cultivos entre o 1 de outubro de 2009 e o 30 de setembro de 2010.
Os danos deben ser comunicadso á Consellería do Medio Rural nun prazo máximo de 7 días mediante chamada telefónica ao 012, ou a través da web: https://www.xunta.es:444/caza/
Os danos que se producisen entre o 1 de xaneiro de 2010 e o 19 de abril de 2010 deberán ser comunicados a Consellería de Medio Rural antes do 20 de maio de 2010 mediante algún dos medios indicados anteriormente.
O prazo para presentar a solicitude de axuda remata o 15 de outubro de 2010, non obstante, para os danos producidos entre o 1 de outubro de 2009 e a entrada en vigor desta orde, a solicitude de axuda poderase tramitar a partir da entrada en vigor desta orde.