Seragro, S.C.G.

AXUDAS PARA INSTALACIÓNS EN COMÚN

AddThis Social Bookmark Button
 

Orde do 16 de  xuño de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da utilización de instalacións e equipamentos en común para a mellora dos procesos produtivos en réxime asociativo, e se convocan para o exercicio orzamentario de 2010.

As actividades subvencionables por medio desta orde son as seguintes:
  • Construción, adquisición ou mellora de bens inmobles e instalacións incluída a adquisición de terreos por un custo non superior ao 10 % do total de gastos elixibles da operación, e outros gastos xerais como honorarios de estudos ou proxectos necesarios.
  • Quedan excluídos os subsectores avicola e porcino intensivos, así como os proxectos de alimentación conxunta de explotacións, mecanización e ceba de xatos de razas que non sexa a frisona.

Poderán acollerse a estas axudas entidades asociativas como SAT ou cooperativas, que reúnan os requisitos detallados nesta orde.

Unha das liñas que pode resultar máis interasante para os produtores de leite é a recría de xovencas en réxime asociativo, sendo posible mediante esta orde obter axudas para a compra dos terreos e construción das instalacións, se ben e necesario cumprir unha serie de requisitos entre os que destaca a necesidade de dispoñer dunha base territorial para a xestión de xurros e a integración do centro dentro dunha ADSG.

 
O prazo de presentación de solicitudes remata o 22 de xullo de 2010.