Seragro, S.C.G.
AXUDAS A RENOVACIÓN DE MAQUINARIA 2.011
- Detalles
- Publicado o Martes, 04 Xaneiro 2011 10:04
- Visitas: 237
Orde do 23 de decembro de 2010 pola que se convocan para o ano 2011 as axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para a renovación do parque de maquinaria agrícola da Comunidade Autónoma de Galicia.
Mediante esta orde convócase para o ano 2011 as axudas a renovación de maquinaria establecidas na Orde do 13 de xullo de 2010, onde se establecen as bases reguladoras para conceder axudas para a renovación do parque de tractores e máquinas automotrices agrícolas de Galicia, co obxectivo de sustituir as máquinas máis vellas por outras máis modernas e cunha maior eficiencia enerxética.
As axudas establécense en función da potencia das máquinas retiradas do uso, pero estas non teñen por que dedicarse obrigatoriamente a compra de tractores ou máquinas automotrices, senón que tamén poden ser adicadas a adquisición de máquinas arrastradas como:
- Sementadoras directas
- Cisternas para xurros e esparexadores de fertilizantes sólidos equipados, en ambos casos, con dispositivos de localización
- Fertilizadoras e equipamentos de aplicación de produtos fitosanitarios
A contía das axudas non depende soamente da potencia das máquinas desmanteladas, senón que tamén esta influida por outros factores relacionados co titular ( explotación prioritaria, agricultor mozo, muller, zona desfavorecida ect.) e outras dependentes da eficacia enerxética da máquina adquirida.
O prazo de presentación de axudas remata o 4 de abril de 2011.
Pincha aquí para descargar Orde 23/12/2010.
Pincha aquí para descargar Orde 13/07/2010 (Bases Reguladoras)