Seragro, S.C.G.
Africor Lugo organiza unhas Xornadas Técnicas de Produción de Leite o 19 Febreiro 2010
- Detalles
- Publicado o Martes, 02 Febreiro 2010 11:38
- Visitas: 235
XORNADAS TÉCNICAS DE PRODUCIÓN DE LEITE
Venres, 19 de febreiro de 2009 Facultade de Veterinaria de Lugo
- A mellora xenética a través da xenómica
- Javier López Viana (Xenética Fontao)
Como vai a influir a xenómica a nivel de gandería e na selección de touros.
¿É interesante usar touros con proba xenómica?
- A selección de sementais dentro do programa de mellora gandeira de Galicia
- José Manuel Riesgo Fonseca (Servizo Produción Gandeira)
- Javier Álvarez Lastra (Fefriga)
- Mauricio de Los Santos (Xenética Fontao)
O grupo de técnicos encargado da selección de sementais para o Programa de Mellora Gandeira de Galicia explicará como se realiza a selección de machos e de embrións e como os gandeiros poden aportar machos para o programa.
- Mesa redonda sobre o sector de leite
- José Álvarez Robledo (Director Xeral Consellería Medio Rural)
- Edelmiro López Iglesias (Universidade Santiago Compostela)
- Francisco Siñeiro García(Universidade Santiago Compostela)
Estos tres persoeiros con grande coñecemento do sector do vacún de leite exporan a súa visión da situación actual e cales son as perspectivas de futuro para o vacún de leite en Galicia. A Mesa redonda será moderada polo presidente de Africor Lugo, D. José Manuel López Tellado.
- A experiencia de dúas ganderías italianas punteiras en Europa
Gandeiros de dúas explotacións de prestixio en italia como son Go Farm e Beltramino, exporán como xestionan as súas ganderías, en especial como fan a recría. As dúas ganderías son un exemplo de como sacarlle partido á venda de animais nados na propia explotación como unha fonte de ingresos complementaria á venda de leite.