Seragro, S.C.G.

A Xunta achegará este ano a banda larga a 28 concellos do sur de Lugo e a súa contorna e a 49 núcleos do territorio rural galego

AddThis Social Bookmark Button

Redes sen fíos


Este convenio, que se enmarca nas actuacións do Plan de Banda Larga 2010-2013, contempla dúas actuacións. Por unha banda, despregaranse redes sen fíos en 22 concellos do sur de Lugo, 5 na Ribeira Sacra Ourensá e 1 en Pontevedra que permitirán que máis de 25.000 habitantes deste municipios pasen do 37% da cobertura actual ao 60% a finais do 2010. No remate do 2013 esta porcentaxe verase incrementada ata máis do 86%, completándose a cobertura mediante servizos de acceso vía satélite á banda larga. Na provincia de Ourense a previsión para o 2013 é que o 95% da poboación dispoña de acceso á Internet.

Dos 28 concellos nos que se despregarán redes sen fíos, grazas a colaboración entre Modernización e Agader, 12 pertencen á Ribeira Sacra luguesa (Carballedo, Chantada, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra de Brollón, O Saviñao, Sober, Taboada, Paradela, Portomarín, Quiroga, Ribas de Sil); outros 10 están situados no sur da provincia de Lugo (Antas de Ulla, Bóveda, Friol, Guntín, Palas de Rei, Monterroso, O Corgo, Láncara, O Páramo e Sarria); 3 na Ribeira Sacra ourensá (Nogueira de Ramuín, A Peroxa e A Teixeira); 2 en Ourense (San Cristovo de Cea e Vilamarín) e 1 en Pontevedra (Rodeiro).

Redes fixas


A outra acción recollida no acordo subscrito hoxe prevé a implantación de redes fixas en 49 núcleos do territorio rural de toda a Comunidade, nos que a día de hoxe o 80% da poboación (arredor de 21.300 persoas) non ten cobertura de banda larga. Por provincias, despregaranse estas infraestruturas en 19 núcleos da Coruña, 9 de Pontevedra, 13 de Lugo e outros tantos de Ourense. Coa posta en marcha destas medidas o Goberno galego prioriza o despregamento das novas redes de telecomunicacións nas zonas con más dificultades de acceso á rede, cumprindo co compromiso de reducir canto antes a fenda dixital

 

Noticia recopilada de : www.mediorural.xunta.es 14-10-2010