Ferramentas de usuario

Ferramentas do sitio


no_se_ha_podido_iniciar

Ás veces, xa sexa porque a descarga da aplicación falle ou una actualización de Java se faga mal ou simplemente se faga algún cambio no servidor e non abramos a aplicación asegurándonos de ter conexión, cando tratamos de iniciar a aplicación en offline ou o server, incluso inda que teñamos conectado o ordenador a internet, pon un mensaje de error que pon que no se puede iniciar la aplicación e non funciona e non hai maneira de abrila. Para solucionar esto hai que facer o seguinte: Primeiro de todo, temos que ter conexión a internet, si non a temos xa excusamos de facer nada hasta que non a teñamos (incluso chamar á oficina) Logo o que facemos e pulsar o botón de inicio e tecleamos Panel de Control

Si nos aparece isto

Temos que pulsar en Ver por: e onde pon Categoría temos que elexir Iconos grandes e xa veremos o panel enteiro. Aí temos que facer doble click en Java

Dentro do Panel de Control de Java, pulsamos o botón de Configuración

Aparecerá esta outra pantalla na que teremos que pulsar no botón Suprimir Archivos

E na seguinte que nos aparece, temos que marcar todas as opcións e Aceptar

Agora aceptamos todas as pantallas e nos imos ao navegador de internet e entramos na páxina de Seragro e teremos que volver a instalar as aplicacións dende aquí. Para iso temos que utilizar os seguintes enlaces en función da que queremos instalar, ben pinchando en ela ou copiando a dirección do enlace e pegandoa na barra de dirección do navegador web que utilicemos. Os enlaces ás aplicacións son as seguintes:

Server: http://srvcloudseragro.opensoftsi.es:8080/gesgando/start_server_local.jnlp Repro: http://srvcloudseragro.opensoftsi.es:8080/gesgando/start_repro.jnlp Racion: http://srvcloudseragro.opensoftsi.es:8080/gesgando/start_racion.jnlp Podoloxía: http://srvcloudseragro.opensoftsi.es:8080/gesgando/start_podo.jnlp Calidade: http://srvcloudseragro.opensoftsi.es:8080/gesgando/start_calidade.jnlp Xestión: http://srvcloudseragro.opensoftsi.es:8080/gesgando/start_xestion.jnlp

Vamos a ver cómo podemos restaurar o server que acabamos de borrar e crear o acceso directo de novo. Primeiro pulsamos na dirección das de arriba que lle corresponde á do Server e, se estamos en Google Chrome, aparecerá isto na zona das descargas arriba á dereita

Debemos darlle ao botón de Descargar para que nolo descargue e logo pulsamos no arquivo descargado

Se aparece a ventana de actualizar o Java, temos que marcar No volver a preguntar e pulsar a terceira opción Más tarde

E comezará a descargar e, ao finalizar, abrirá a aplicación ou o server, dependendo do que esteamos tentando reinstalar.

Unha vez termine de descargar abrirá o servidor (neste caso, si é o programa o que estamos a descargar abrirá o programa). Pechámolo e volvemos a Panel de control e volvemos a pinchar Java. Volvemos a pinchar o botón Ver e veremos que volve a aparecer o Server. Pinchámolo, e nos botón de arriba pulsaremos o da flecha negra para instalar o acceso directo

Pechamos todo e xa debería de aparecer o acceso directo no escritorio e todo debería funcionar de novo.

SE NON NOS DEIXA PINCHAR NO ICONO DE CREAR O ACCESO DIRECTO, DEBEMOS REPETIR A OPERACIÓN DE ELIMINAR AS APLICACIÓNS QUE NON NOS DEIXE E VOLVER A INSTALALAS ATA QUE NOS APAREZA. É IMPORTANTE QUE ANTES DE SALIR DE CASA OU DO SITIO DONDE TEÑAMOS INTERNET COMPROBAR QUE ABREN PERFECTAMENTE TANTO O SERVER COMO A APLICACIÓN PORQUE SI NON DESPOIS, CANDO CHEGUEMOS O LUGAR ONDE IMOS TRABALLAR, IMONOS ATOPAR QUE NON VAI FUNCIONAR E NON IMOS PODER ARREGLALO HASTA QUE NON TEÑAMOS CONEXIÓN.

no_se_ha_podido_iniciar.txt · Última modificación: 2025/04/11 11:04 por admin