Ferramentas de usuario

Ferramentas do sitio


gl:primeros_pasos:instalacion_de_java

Instalación de Gesgando Online e Java

Damos as instrucións para o sistema operativo Windows 10, pero tamén podemos executalo nun Windows 11 ou anterior, Linux e mesmo en macOS. Primeiramente temos que comprobar se temos Java instalado no noso computador, para iso podemos ir ao Panel de Control de Windows e atopar a icona de Java.

Se non atopamos a icona, entón podemos obviar o seguinte paso, e caso contrario temos que desinstalar Java para asegurarnos de instalar a correcta. Gesgando soamente funcionará coa versión que está para descargar no enlace de máis abaixo, con outra versión de Java non funcionará ou non o fará correctamente.

Para desinstalar Java temos que ir ao Panel de Control e logo a Programas e Características. Na listaxe buscamos Java e procedemos a desinstalar, se nos aparecen mais versións instaladas temos que quitalas todas.

Unha vez feito isto podemos podemos proceder a instalación de Java na versión compatible.

Descargamos o instalador desde a seguinte ligazón Instalador Java. Executamos o instalador e aparece o asistente de instalación que, no caso de Windows, ten o seguinte aspecto. É posible que nos apareza unha ventana que poña si queremos permitir a execución do programa debido ás características de seguridade do Windows, debemos Permitir para que se execute.

Clicamos en instalar e completamos a instalación con tódalas opcións por defecto.

O seguinte será irnos ao panel de control (se non sabemos chegar a el, buscarémolo pulsando o botón de Windows e escribiremos Panel de Control) e logo cambiar a vista clásica. Buscaremos o icono de Java e facemos doble click nel.

Na pestaña de Actualizar, quitamos a marca de Comprobar actualizaciones e despois, na fiestra que sae, que non queremos que se actualice automáticamente.

Na pestaña de Seguridad, temos que asegurar que estea activada a opción de Activar contenido de Java para explorador web e que a seguridade sexa só Alta. Pulsamos o botón de Editar lista de sitios.

Darémoslle ao botón de añadir e escribimos o seguinte: http://srvcloudseragro.opensoftsi.es:8080/gesgando/

Damos a Aceptar varias veces ata que se pechen todas as fiestras. Con isto teremos o Java listo para poder Instalar/Iniciar a Aplicación Informática.

Cando vaiamos executar a aplicación por primeira vez, Xava pode sacarnos unha mensaxe de que a versión é antiga, marcámoslle a casa para que non nos volva a preguntar e dámoslle en actualizar mais tarde.

A primeira vez que premamos no botón de Aplicación Informática do sitio web de Seragro (seragro.es) instalarásenos a aplicación e tardará un anaquiño. As seguintes, verificará si hai actualizacións e as descargará, si é necesario, e se non, aparecerá esta pantalla:

Marcamos o de Aceptar los riesgos (risco non hai, só que Java quere mandarnos a algún partner que nos cobre por ter seguridade, como nos tempos da cosa nostra) e Ejecutar.

Advertencia: No caso que nos apareza unha pantalla onde nos advirte de que a nosa versión de Java é obsoleta e que se queremos actualizar, o que pasou é que nos saltamos o paso no que temos que desmarcar a marca de Comprobar Actualizacións de Java. O que temos que facer é pechar a xanela e volver comprobar os pasos ata o momento para ver se os completamos correctamente.

É posible que, feitos todos estes pasos, aínda non nos funcione Gesgando porque ao pinchar en Aplicación Informática na web de Seragro, nos descargue o arquivo start.jnlp e nos abra o visor de PDF ou calqueira outra aplicación. Imos a explicar que facer nese caso:

Debemos ir á carpeta de Descargas ou a onde o navegador nos descargue o arquivo jnlp e darlle ao botón dereito e indicarlle que ao abrir lle imos indicar a aplicación:

Cando nos apareza a pantalla de como quieres abrir este archivo, temos que desplegar o de Más aplicaciones

Tiramos para abaixo de todo e nos aparecerá Buscar otra aplicación en el equipo, temos que pinchar aí para buscar con que imos a abrir Gesgando por defecto

Na ventá de Abrir con, buscamos en Este Equipo, en C: a carpeta Archivos de programa e dentro dela a carpeta Java. Dentro da mesma, eleximos a que poña jre1.8.0_ e o número máis alto que veña a continuación.

Dentro dela entramos na carpeta bin e buscarmos o archivo javaws.exe Seleccionámolo e dámoslle a Abrir

Si nos pon a pantalla de que a versión de Java está desfasada, marcamos o de No volver a preguntar e dámoslle á opción de Más tarde

E a aplicación iniciará.

Seguinte sección Inicio de sesión

gl/primeros_pasos/instalacion_de_java.txt · Última modificación: 2025/10/28 12:02 por admin