Ferramentas de usuario

Ferramentas do sitio


gl:barra_menu_principal:menu_administracion

Táboa de Contidos

Menú Administración

(Este menú só é accesible a usuarios administradores aínda que algunhas opcións están para os usuarios técnicos)

Como o seu nome indica con este menú imos ter acceso as operacións de administración da aplicación. É de entender, por iso, que non todo usuario poida ter acceso a todos os contidos do mesmo. O usuario Administrador é o único perfil que pode ver a totalidade das opcións deste menú. É importantísimo entender ben o funcionamento para non ter problemas despois na operativa do programa.

Mestres

Neste menú temos os elementos mestres ou sexa datos que se usan no resto da aplicación como tipos de datos.

Categorías de accións

Son as categorías de acción que se almacenan na táboa de accións animais á hora de dar un rexistro. Neste momento, nesta táboa, só se almacenan as accións das categorías Reprodutivas, podoloxía e de Calidade de Leite. Non é recomendable cambiar nada e, en caso de cambiar ou introducir algo aquí, habería que consultar ao equipo informático. Son rexistros que no seu funcionamento interno condicionan varias operativas.

Lotes reprodutivos

É a clasificación de lotes nos que o animal se vai atopando ao longo da súa vida reprodutiva. Tamén é recomendable deixalos como están xa que esta clasificación faise automáticamente na aplicación metendo accións aos animais.

Patoloxías

Aquí definimos os tipos de patoloxías que pode estar presentes nos animais. Vannos a servir para o apartado de Tratamentos para definir o diagnóstico inicial.

Servidores

Neste apartado podemos ver os servidores e os seus datos. Existe un servidor central, que é onde reside a aplicación online, e unhas estacións de traballo offline que teñen servidores propios. Danse de alta aquí para que a aplicación saiba que portátiles teñen a versión offline, con que usuario e o módulo da aplicación co que traballan para que se xeren as marcas de comunicación propias dese módulo para que logo, na sincronización de datos, sáibase que rexistros teñen que ir para cada un. Sempre que se instale un programa offline novo, débese de indicar aquí o rexistro para que funcione a sincronización.

Servizos

Aquí podemos ver e definir todos os servizos que se prestan na cooperativa. Utilízanse logo para facer a Facturación de Servizos dos técnicos da cooperativa.

Tarifas

Táboa onde temos definidas as tarifas dos servizos. Á hora de editalas ou configuralas, hai que ter coidado de que conserven os nomes que teñen e non teñan % nen cousas que hai agora metidas nos servizos porque se aparecen distinto, é posible que non se calculen ben á hora de facturar.

Tipos de accións

Aquí veñen definidas os tipos de accións que podemos realizar en varias seccións da aplicación tales como Acciones Reprodución ou Acciones Calidade de Leite.

Para poder incorporar tipos de acción nesta pantalla, o ideal é que o fagan os programadores xa que o máis seguro é que se queiran adoptar certos automatismos con elas.

Tipos Formas Pago

Tipos de formas de pago definidas para o uso en facturas e albarás de podoloxía.

Tipos Instalacións

Tipos de instalacións como os silos, que logo poden ser utilizados na parte de Alimentación.

Tipos de IVE

Definición dos tipos de IVE

Tipos de maquinaria

Tipos de maquinaria, entre os que se atopan as salas de muxo, que son utilizadas na parte de Calidade de Leite.

Tipos de persoal

Definición das categorías de persoal que existen. Neste apartado incluímos os tipos de persoas que traballan nunha explotación que son utilizados na parte de nóminas en Xestión. Tamén, na pantalla da casiña que é a da visión enteira da explotación, aparecerá unha rama na árbore da mesma que será Persoal e onde se lle indicará o tipo ao dalo de alta para dar de alta os Veterinarios ou Inseminadores da explotación para as accións de Inseminación.

Tipos pezoneras

Tipos de pezonera que aparecen na selección do planing de Calidade de Leite.

Tipos de produtos

Definición dos tipos de produtos que existen, úsanse normalmente nos medicamentos.

Tipos de Tarefas

Tipos de tarefas que existen, utilízanse para categorizar os avisos.

Tipos de traballos externos

Categorización de traballos externos que se realizan. Na actualidade, non se usa.

Tipos de visitas

Definición dos tipos ou categorías das visitas que se realizan ás explotacións.

Tipos de Usuarios

Definición dos tipos de usuarios que existen na aplicación.

Tratamentos Secado

Aquí poderemos definir os tratamentos de secado da parte de Calidade do Leite.

Medicamentos

Neste menú imos poder realizar accións referente aos medicamentos.

Accións terapéuticas

Aquí imos poder definir as accións terapéuticas dos medicamentos.

Compostos Activos

Tipos de compostos activos presentes nos medicamentos.

Familias

Definición das familias ás que pertencen os medicamentos.

Grupos

Grupos aos que pertencen o medicamento para uso no rexistro de receitas.

Indicacións

Definición das indicacións ás que se aplican os medicamentos.

Laboratorios

Relación dos laboratorios cos que se traballa.

Medicamentos

Con este menú podemos acceder a un formulario no que podemos consultar e inserir medicamentos. É o vademecum da aplicación e debe ser actualizado cada vez que haxa cambios nos mesmos, xa que é utilizado na parte de Receitas. (Isto non é de todo certo, xa que dende 2022, os medicamentos que se empregan en recetas xa veñen directamente dende Medicamentos Facturación)

Medicamentos Facturación

Definición dos medicamentos que se usan na facturación dos servizos veterinarios. Deben ser dados de alta aquí os medicamentos que os técnicos vaian facturar, indicando os códigos de produto e as propiedades comúns ás receitas xa que, a partir deles, tamén os técnicos poden xerar as súas. O código Nacional, as presentacións, as composicións e os dias de tratamento por defecto deben ser RIGUROSAMENTE BEN CONFIGURADOS xa que afecta logo á hora de facer recetas e enviar as prescripcións a PRESVET. Pódense actualizar pulsando o botón do CIMAVET mediante consulta online aos seus servizos web. Ás veces, isto de consultar ao CIMAVET non funciona porque hai que actualizar o certificado dixital da páxina dos servizos web do CIMAVET. Os programadores teñen no Planner a forma de actualizar isto e require reiniciar o servidor, polo que, aínda que se faga a actualización, ata que se reinicia o server polas mañás pola copia, non vai funcionar.

Cambios en medicamentos

Neste apartado podemos consultar os cambios feitos nos medicamentos. Para iso fixamos as datas e buscamos. Na táboa inferior parecerannos os cambios.

Para inserir un rexistro podemos utilizar os controis da táboa. Se clicamos nun elemento aparécenos un formulario no que podemos modificar os rexistros.

Control Presencia

Neste menú podemos realizar todas as operacións referentes ao control de fichaxes dos usuarios e traballadores

Mestre Festivos

Definición dos festivos. Débense dar de alta todos os anos, ou ben se poden importar do arquivo que sobe a xunta todos os anos en https://abertos.xunta.gal/busca-de-datos?q=Calendario+laboral

Supervisión de fichaxes

Podemos controlar as fichaxes mediante este menú. Imos ver como se usa esta xanela.

Como podemos ver na imaxe o primeiro que temos que facer é seleccionar o traballador, establecer as datas entre as que se queren visualizar as fichaxes e logo clicar no botón buscar. Si vemos na imaxe vemos unha fila de cor vermella, as filas poden sinalarse, ao consultalas, en cor vermella ou laranxa advertindo de posibles problemas coa fichaxe por exemplo unha mal fichaxe.

Desde esta pantalla, o usuario administrador, poderá dar de alta fichaxes si pulsa o botón de engadir rexistro da táboa e dando os datos do mesmo no formulario de introdución. Da mesma maneira que pode corrixir unha fichaxe si fai dobre click sobre a liña do mesmo e modifícao.

Informe de fichaxe

Neste apartado poderemos obter un informe con máis detalle das fichaxes dun traballador incluída as horas que traballo por día así como outros datos. A interfaz é moi similar á do apartado anterior coa excepción de que temos un botón adicional Calcular Intervalo que nos vai a calcular as horas de traballo do traballador para poñelas no informe.

Igual que no menú de supervisión de fichaxes, temos que escoller o traballador a supervisar, e as datas entre as que queremos obter a información. O funcionamento é o seguinte:

  1. Escollemos as datas
  2. Clicamos no botón buscar primeiro xa que si fíxose un cálculo con anterioridade xa se mostraría
  3. Si non temos resultados entón clicamos no botón de Calcular Intervalo.
  4. Novamente clicamos no botón Buscar para mostrar os resultados do cálculo do intervalo.

Explotacións

Neste apartado imos controlar a información referente ás explotacións. Cando clicamos nesta opción aparécenos a seguinte xanela.

Na imaxe podemos apreciar un panel con varias pestanas, un panel á esquerda onde podemos visualizar unha imaxe da explotación si houbésea e un panel inferior cunha táboa que nos mostra as explotacións existentes asignadas ao usuario. Se unha explotación non está asignada a ese usuario administrador, non aparecerá.

Imos deternos no panel de pestanas e explicar que información podemos consultar e modificar en cada unha delas.

Importante:

A eliminación dunha explotación conleva a eliminación dos rexistros asociados á explotación das seguintes entidades, EAnimales, EContactos, EInstalaciones, EMaquinaria, EExplotacion_rega, EPersonal, ERecetas, ETareas, EVisitas, EUsuarios_explotaciones_todos, ERecuentos_celulares, EDatos_produccion, EMuestras_ligal, EMuestras_ligal_medias, EMuestras_laboratorio, EMuestras_laboratorio_resultados, EMuestras_laboratorio_leche, EMuestras_laboratorio_resultados_leche, EMuestras_laboratorio_antibiograma, EPeticion_analisis_materia_prima, ETipos_cow_confort_vacas, ECow_confort, EServidores.

Datos

  • CEA: Cea de la explotación.
  • Propietario: Denominación de la explotación.
  • CIF/NIF: Cif o Nif de la explotación.
  • Dirección: Dirección de la explotación.
  • Localidad: Localidad de la explotación
  • Provincia: Provincia en la que se ubica la explotación
  • CP: Código Postal
  • Forma Pago: Tenemos que seleccionar de entre las forma de pago que tenemos registradas. Para añadir una forma de pago, podemos hacerlo en Administración → Maestros → Tipos Formas Pagos
  • Telf.1: Teléfono de la explotación
  • Telf.2: Teléfono de la explotación
  • Móvil: Móvil de contacto
  • Ordeños: Número de ordeños que hace la explotación, este dato es importante ya que se utiliza en muchísimos cálculos de informes y otros procesos
  • Hora 1º Ordeño: Hora en la que se realiza en el primer ordeño
  • Hora 2º Ordeño: Hora en la que se realiza en el segundo ordeño
  • Hora 3º Ordeño: Hora en la que se realiza en el tercer ordeño
  • Correo electrónico: email de contacto de la explotación
  • Código de gestión: Es el código que se utiliza para enlazar el ERP de Seragro. Si en facturación medicamentos, la explotación no tiene este código, dará error al facturar.
  • Zona: La zona se utiliza para dividir geográficamente la actuación de los diferentes servicios
  • Granja para Recría: Especificamos su la granja es una granja de recría
  • Observaciones: Aquí reflejamos cualquier dato relevante que tenga la explotación
  • Fecha Ult. Visita: Aquí podemos registrar la fecha de la ultima visita de algún servicio
  • Fecha de Alta: Fecha en la que damos de alta la explotación
  • Fecha de Baja: Fecha en la que damos de baja la explotación

Aquí temos os datos principais das explotacións aos que podemos acceder, entre eles os datos identificativos, a cantidade de ordeños que realizan ao día e as horas aos que se realizan, tamén os datos de contacto, etc… Caben destacar, nesta parte, os datos do correo electrónico e Móbil, que se usarán nos distintos medios que ten a aplicación de comunicar resultados, ben por mail ou por sms. Tamén é importante poñer ben os ordeños para cálculos dos planings de calidade de leite. O código de xestión, que é o que enlaza co ERP de Xestión de Seragro, S.C.G., a zona na que está para a parte de podoloxía e si é unha granxa de recría ou non, xa que non teñen o mesmo funcionamento interno un e outro tipo de explotación.

Configuración

Aquí temos outros datos de configuración da explotación, entre eles:

  • Clave RC: Clave usada para o control leiteiro.
  • Código Ligal: Código para ser usado nas mostras de leite que se analizan no Laboratorio Interprofesional Gallego de Análise de Leite.
  • Ref. Ligal: Referencia para o Laboratorio Interprofesional galego de Análise de Leite.
  • Usuario da oficina virtua: Usuario da plataforma Oficina Virtual de Ganaderia da Xunta de Galicia.
  • Crave Oficina V.: Clave da Oficina Virtual de Ganaderia da Xunta de Galicia.
  • Cod. CONAFE e Clave CONAFE: Códigos asociados a CONAFE (Confederación de Asociacións de Frisoa Española).
  • Cota de Leite: Este campo está en desuso.
  • Secados automáticos: Aquí temos que seleccionar si ou non a si queremos que os secados das vacas rexístrense automaticamente no historial de reprod. do animal en arranxo aos días de secado previsto.
  • Actualiza partos control leiteiro: Aquí temos que seleccionar so ou non si queremos que cando veña unha producción do animal, actualice nos datos de identificación do mesmo a lactación e a data do derradeiro parto que ven na mesma. Hai un botón na táboa para poder facelo para varias explotacións seleccionadas.
  • Días secado previsto: Días aos que se ten previsto que haxa que realizar o secado da vaca. O valor por defecto son 222 días.
  • Días de parto previsto: Días de xestación previstos. O valor por defecto son 282 días.
  • Días de 1º parto previsto: Días que se espera dure o primeiro parto. O valor por defecto son 272 días.
  • Días de espera voluntaria: Tempo transcorrido desde o parto ata o momento en que unha vaca é considerada elegible para inseminación. O valor por defecto son 60 días.
  • Días celo IA Aviso, Días IA Diag. gest. Aviso, Dias parto celo Aviso, Días celo Aviso: Estes campos está en desuso.
  • O resto dos campos son os referentes á localización xeográfica.

Usuarios Asignados

Usuarios que teñen asignada a explotación que se consulta. Para asignar usuarios temos que facelo desde a pantalla de Admimistración → Usuarios, seleccionando o usuario y asignando a explotación. Podemos atopar mais información en Usuarios

REGA

Número de Rexistro de Explotacións Gandeiras. Por defecto créase un REGA xeneralizado a partir do CEA da explotación que, si non é correcto, hai que corrixir. Si traballa con varios REGA, hai que indicalos aquí xa que é un campo importante no envío de rexistros de antibióticos das receitas veterinarias.

Para engadir REGAS temos que usar o botón de inserción da táboa, A inserción realizase na entidad EExplotacion_rega

Incidencias

Aquí poderiamos incluír incidencias da explotación en caso de habelas.

Configurar avisos

Podemos configurar os avisos asociados á explotación que queremos que nos saian na pantalla inicial de avisos da aplicación por perfil de usuario.

Veterinario por defecto receita

Aquí podemos establecer o veterinario por defecto da explotación que logo aparecerá como por defecto á hora de facer as receitas a esa explotación. Tamén é onde imos configurar os avisos para os distintos tipos de medicamentos. Á hora de facer unha receta ou un pedido, cos textos que lle configuremos por aquí para esa explotación. Nesta pantalla tamén lle indicamos, se a dispensación se fai por email ou por impresora ou ambas.

Empresa a Certificar

Aquí podemos establecer a empresa certificadora que ten asociada a explotación, para a parte de certificación de calidade de leite, aínda que poderemos facelo desde a parte de certificación no menú de calidade de leite.

Configurar Dipensación Explotacións

Nesta pantalla podemos configurar a forma na que dispénsanse as recetas. Podemos configurar o enderezo electrónico das explotacións nas que se lles envía un email coas recetas ou si van dispensarse por impresión.

No seguinte captura vemos a interface

Vemos que temos unha táboa na que podemos editar tres campos correspondentes ao “Email”, “Dispensar receta por email” e “Dispensar receta impresión”. Pódense usar estes campo ou podemos seleccionar varias explotacións e utilizar os botóns que temos na táboa para marcar ou desmarcar dispensación por email ou impresión. Como a táboa está conectada coa entidade EExplotaciones, ao actualizar un deses campos tamén debería actualizalo nas asignacións da mesma nos usuarios.

Usuarios

Aquí podemos controlar o referente aos usuarios da aplicación. É unha das pantallas máis importantes para os usuarios administradores xa que controla quen pode entrar na aplicación, de que forma e o que pode ver. Na seguinte captura podemos ver esta xanela.

Árbore de navegación: Neste parte podemos navegar polos usuarios e os seus tipos, debemos de ter en conta que cada vez que navegamos cara a un usuario doutro tipo, cambian o panel da dereita en dependencia do tipo de usuario seleccionado. Si seleccionamos a palabra Usuarios, o formulario cambiará para poder operar directamente sobre a táboa de usuarios. Aquí hai que decir que os usuarios suprecetas deben ser asignados ao seu perfil de usuario por aquí porque non son usuarios tenda ao uso.

Panel de datos de usuario: Aquí podemos ver e cambiar os datos de usuario. Para os usuarios Técnicos, hai certos campos que hai que cubrir para que os recoñeza dunha maneira ou outra.

  • Socio: Indica si é socio ou non da cooperativa e permite acceso a facturación.
  • Móbil: Importante para que lle cheguen o SMS que produce a plataforma.
  • Correo electrónico: Importante para recibir alertas e avisos.
  • Nº Colexiado: O número que identifica como Veterinario.
  • Cod. Almacén: O almacén asignado por administración para o técnico de podoloxía.
  • Servizo: Servizo da cooperativa ao que pertence.
  • Zona: Zona de podoloxía na que traballa.
  • Cod. Xestión: Código que ten o usuario para o programa de xestión do ERP.
  • Prezo hora e Iva: Para a facturación do usuario si é un podólogo.
  • Cod. Técnico: Hai que poñer calidade, no caso de que sexa de calidade de leite ou Repro, si é de reprodución.

Panel de entidades asociadas: Neste panel podemos ver as explotacións que ten asociada un usuario (e asocialas ou desasocialas, segundo a necesidade). A segunda pestana son as explotacións ás que ten permiso entrar na parte do servizo de Xestión e, a terceira pestana, os vehículos asignados ao usuario. Na cuarta aparecen as tarxetas de combustible que se asocian ao técnico e que logo serán empregadas na xestión de vehículos e nas repostaxes de Gesganmobil. E por último unha pestana de accións formativas nas que serán anotadas por un administrador, se procede, as formacións que teña o técnico. En todas hai un formulario para poder inserir ou quitar rexistros a cada unha das táboas. As explotacións asociadas hai que tratalas con moito coidado porque tendemos a pensar que ao desasociar unha explotación “desaparece” todo desa explotación. Cando desasocias unha explotación, o que se está a facer é borrar ese dato na táboa de usuarios_explotacións onde se almacenan as explotacións coas que traballará o usuario, pero eso non implica que os rexistros que se crearon para esa explotación se eliminen ou se deixen de ver, xa que existen formularios nos que aparece a explotación para seleccionar ou ver e, se se desasigna a explotación, poida ser que apareza ese campo en baleiro para ese usuario xa que non ten opción de ver a explotación pero o rexistro sigue aí

Usuarios Técnicos

No caso de que teñamos seleccionado un usuario de tipo técnico temos a posibilidade de inserir a sinatura e unha foto do mesmo mediante o panel que aparece na seguinte captura da pantalla:

Para inserir a sinatura temos duas opcións

  1. Se dispoñemos dunha entrada táctil podemos usar o panel sinalado na imaxe anterior para asinar e logo presionar no botón de Pasar Firma a imaxe, co cal veremos a imaxe da firma no recadro da Imaxe da firma.
  2. Tamén podemos utilizar os botóns que temos enriba da Imaxe da Firma. Co botón podemos inserir un arquivo da imaxe do noso ordenador. O botón nos permite pegar directamente dende o porta papeis do sistema operativo.

Unha vez que temos a imxen da sinatura no panel correspondente temos que asgurarnos de que aplcamos os cambios co botón do formulario.

Usuarios Gandeiros

Os usuarios de tipo gandeiro, a parte dos campos identificativos, teñen un campo que pon Código Explotación Xe… que non se usa e tamén unhas casillas de verificación onde indicar que servizos ten ese usuario. No tocante ás asignacións, só ten a súa explotación asignada e, si está asignada ou non en xestión.

Usuarios Tendas

Estes non teñen nome e apelidos, se non que teñen Razón Social. Nas asignacións de explotacións e de veterinarios é moi importante indicar todas as que vaian a operar con esa tenda en ambos casos xa que á hora de facer recetas pode haber problemas se non hai algún destes conceptos dados de alta para esa tenda. Na táboa das asignacións das explotacións, temos un botón ao final dos da táboa para poder exportar en excel as mesmas.

Aquí tamén están dados de alta os usuarios que supervisan as recetas. Aínda que estean dados de alta aquí, logo na pantalla de usuarios (que xa describimos arriba) debemos cambiar o seu tipo de usuario ao de Recetas (isto tense que facer a posteriori de crear o usuario en tendas para que siga aparecendo aquí… se non seguise aparecendo, o da asignación do tipo usuario o fará un programador directamente na base de datos).

Usuarios Comerciales Externas

Aquí serán dadas de alta as comerciales que vaian a dispensar recetas dende a parte de dispensación creada en Gesganmobil.

Vehículos

Neste apartado imos ter acceso a todos os vehículos e que se almacenan na táboa de vehículos da base de datos, similar a como temos no apartado de usuarios temos unha árbore de navegación na esquerda na que podemos seleccionar o vehículo provocando que se nos encha automaticamente os datos no panel da dereita. Relaciónase coa táboa de seguros vehiculos para poder dar de alta os seguros. É o lugar no que damos de alta os vehículos que logo podemos asignar no panel de usuarios e tamén á hora de facer un servizo de podoloxía. Sería unha pantalla análoga á das explotacións. Calqueira vehículo que queiramos ter dado de alta e co que traballemos na aplicación debe estar dado de alta aquí.

Recalcular Historial

Esta é unha pantalla “especial” para administradores. O primeiro que hai que facer é pulsar o botón de actualizar a táboa (sabemos que é, na botoneira da táboa o que ten a cuadrícula tipo excel e unha c cor verde). Nesa táboa podemos deixar os rexistros das explotacións coas que imos operar (unha ou varias).

No botón que hai a maiores na táboa, poderemos sacar etiquetas das explotacións visibles na mesma.

Embaixo da táboa hai unha serie de botóns:

  • Recalcular Historial: Recalcula o historial dos animais en base ás accións reproductivas da/das explotación/explotacións seleccionada/s
  • Importar Control Leiteiro: En desuso, este botón importaba as produccións e os recontos da antiga páxina do CEGACOL. Xa non funciona.
  • correxir_propietario_animales: Ponlle aos animais co código interno de explotación igual á/s seleccionada/s o cea e o propietario que se ve na táboa.
  • Importar Calificacións Touros: En desuso, este botón importaba da páxina antiga de Conafe as calificacións dos Touros. Xa non funciona.
  • Facturar Servicio Podoloxia: Este botón colle a/s explotación/s á vista e consulta o derradeiro albarán de podoloxía feito e xenera, a partir del, un movemento de facturación servicios para esa explotación ou edita en caso de que xa exista.
  • mete_toros_explotacion: Este colle a/s explotación/s á vista e consulta os diferentes id de touro que haxa na táboa de accións de animais que non sexa nulo e mira si existe na táboa dos touros asignados á explotación. En caso de que non exista, o engade.
  • mete_accion_a_historico_sen_ela: Este colle a/s explotación/s á vista e busca os rexistros da táboa da base de datos de historial de animais que non sexan mamitis, alta nin EnGR e que a data sexa maior ao 1 de outubro de 2010 e que non estean nas accións de animais da categoría reproductivas desa explotación. Colle os datos de ese rexistro do historial e primeiro o borra e logo o inserta como acción de reproducción para que se volva a crear xunto coa acción e queden parexas. Este botón non está actualizado aos campos introducidos en versións máis recentes e é posible que non inclúa algún dos derradeiros datos recollidos de accións.
  • borra_historico_duplicado_unha_accion: Este colle a/s explotación/s á vista e busca os rexistros da táboa da base de datos de historial de animais que non sexan mamitis, alta e a data sexa maior ao 1 de outubro de 2012 que estean duplicadas e as borran. Usar isto só para casos nos que eses rexistros sobren, xa que se están asociados a unha acción, é posible que se borre e logo esa acción quede deserta da súa acción de historial e haxa que borrala e volver a metela a man. Isto fíxose para algún caso de explotación que tivera este problema pero agora mesmo non debería ter utilidade.

Configuración

A este menú accedemos para acceder a algunhas configuracións da aplicación.

Perfís de usuario

Con esta xanela podemos configurar os diferentes perfís de usuarios da aplicación, concedendo ou restrinxindo o permiso aos menús e entidades aos diferentes perfís de usuario. Con esta xanela podemos modificar directamente o arquivo XML da configuración do programa. Esta opción é normalmente utilizada polos programadores. Cando creamos entidades no programa, temos que darlle permiso a todos os perfiles porque se non, non van a funcionar. Hai que ter coidado que, no de cliente, non se colen caracteres non internacionais (como a ñ) para que non dea logo problemas cando xestionemos os permisos dende a aplicación.

Repositorio de informes

Aquí podemos ver os persoais de informes que están instaladas no programa.

Como vemos nesta imaxe temos un panel esquerdo no que podemos agregar, eliminar ou ver os persoais de informes que temos. Para agregar un novo informe clicamos no botón correspondente e logo apareceranos un cadro de diálogo onde podemos navegar ata o informe e agregar un título e unha descrición. Para dar de alta un informe é necesario asignar unha ide manualmente que logo asignaremos por código para a apertura dese informe desde a aplicación. Esta parte é só para programadores.

Visitas

Neste apartado podemos rexistrar as visitas que se fan nas explotacións. Non se usa e dubido que funcione ben.

Xestor de configuración do GIS

Con este menú accedemos á configuración do xestor de capas GIS, esta opción é utilizada polos programadores. Non se usa.

Configuración Preguntas Enquisas Certificación

Neste apartado podemos configurar as preguntas que son utilizadas para realizar as enquisas para a certificación das explotacións. O formulario consta dun panel esquerdo no que temos unha árbore de navegación na que podemos acceder ás preguntas organizadas por categorías, e o panel dereito onde temos os datos da pregunta seleccionada. É moi importante poñer ben a orde, tanto da categoría como o das preguntas e non repetir os números xa que, en función de como o fagamos aquí, apareceranos ordenada a enquisa no papel á hora de sacala ou vela. Os usuarios técnicos teñen acceso a este apartado para que os de calidade do leite poidan modificar a configuración das enquisas para as necesidades que teñan no seu momento.

Configuración Preguntas Enquisas Benestar

É análogo ao apartado anterior pero para a enquisa de benestar.

Consultas

Neste menú podemos facer varias consultas que son importantes para os administradores.

Listado Asignacións Usuarios

Neste apartado podemos imprimir e visualizar as asignacións dos usuarios con respecto ás explotacións. Imos ver como podemos facelo.

Primeiro atopámonos con esta xanela na que temos que clicar no botón de refrescar a táboa.

Logo aparécennos todas as explotacións que temos no sistema nese momento, a continuación temos que seleccionar as explotacións sobre as que queremos obter os informes, para iso podemos axudarnos dos botóns da táboa para eliminar as liñas coas explotacións que non queremos ou para eliminar todas menos as que temos seleccionadas.

Eliminamos as liñas para quedarnos só con esas dúas explotacións. Quedando así.

Finalmente podemos clicar nos botóns Mostrar ou Imprimir, para mostrar os datos das asignacións na táboa ou imprimir un informe respectivamente.

Consultas Incidencias

Podemos aquí consultar as incidencias que teñas as explotacións, simplemente escollemos a granxa no selector na parte superior e inmediatamente aparecen as incidencias na táboa. Lembramos que as incidencias dánse de alta dende o maestro de explotacións en Administración - Explotacións e na pestana de incidencias para esa explotación.

Rexistro Sincronización

Aquí podemos consultar os rexistros de sincronización. Ao darlle a buscar, poderemos ver para cada usuario offline, a derradeira vez que sincronizou.

Accesos Menú

Aquí podemos consultar cantas veces entran os usuarios nas pantallas da aplicación por medio das opcións do menú de Gesgando. Cada vez que se pincha unha acción do menú queda gardado o día, a hora e que usuario e tipo de usuario pinchou nesa opción. Dispón de 3 botóns. Filtrando por datas e/ou por usuario, poderemos darlle ao botón de buscar e veremos os rexistros dese usuario nese periodo. Se non indicamos usuario, veremos os de todos usuarios nese periodo. O botón de contar dará unha estadística das veces que se pulsan esas opcións no intervalo. Aparecerá unha gráfica abaixo, pero si non se acota, aparecerán moitísimas opcións e apenas quedarán datos visibles. Esta só ten utilidade para cando se fai por usuario nun intervalo, verase gráficamente onde entra máis. E no botón de sen usar, aparecerán as ventás que nunca se pulsaron na aplicación.

Importacións

Aquí imos poder controlar as importacións de datos á aplicación.

Importar Vacas CL

Con esta xanela imos ter 4 opcións controladas por senllos botóns. As accións que realizan cada botón son as seguintes.

  • Corrixir Accións Duplicadas: Esta función é só para uso de administradores. Cando na aplicación había accións repetidas por malas sincronizacións ou erros, era de utilidade. Agora está en desuso.
  • Importar Vacas TXT: Esta opción está en desuso
  • Importar Touros TXT: Esta opción está en desuso
  • Importar Mostras Mouriscade: Esta opción utilízase para a importación de datos das análises proporcionadas pola aplicación que está instalada no computador de María José que descarga un xml diario cos datos do Laboratorio Mouriscade.

Importar Analíticas Leite LIGAL

Esta opción actualmente está en desuso xa que todo impórtase mediante un correo electrónico que chega todos os días desde o Ligal e que a aplicación procesa automaticamente.

Importar compras técnicos

Esta importación nos permitirá traer las compras de los técnicos que constan en el sistema ERP para la base de datos de Gesgando.

La interfaz para la importación es la siguiente:

 Captura de la pantalla de compras del técnico

Aquí tenemos que primero establecer los criterios. Ponemos el rango de códigos de alamacén y proveedores que queremos importar, luego el rango de fechas de registros y a continuación le damos al botón Importar compras programa novo.

En el código fuente se realizan las siguientes operaciones

  1. Primero establecemos los valores para la llamada a la API
  2. Ejecutamos la llamada y guardamos los resultados en dos variables llamadas respuesta y albaranes
  3. Comenzamos a iterar por los albaranes
  4. Obtenemos los datos generales del albarán
  5. Iteramos por las líneas del albarán
  6. Obtenemos los datos de la línea
  7. Iteramos a su vez por las los desgloses de la línea
  8. Si en el desglose tenemos el campo codigo_articulo, entonces consultamos la tabla de técnicos para obtener el id_tecnico para luego consultar la entidad ECompras_tecnico para el número de albarán en el que estamos iterando y luego comprobamos que no exista un registro para esa línea, en cuyo caso insertamos el registro.
  9. Si en la consulta anterior de técnico no tenemos el campo de código de podólogo, consultamos la tabla para el técnico sin este campo
  10. Nuevamente volvemos a comprobar si existen registros en ECompras_tecnico y comprobamos nuevamente si está insertado el registro y si no los está lo insertamos
  11. En el caso de que no tengamos desgloses hacemos lo mismo para el registro pero para el movimiento sin iterar.
  12. Una vez completadas todas las iteraciones tendríamos insertadas todas la compras.

Al final saldría un mensaje de importación realizada. No caso de fallar, revisar se o certificado dixital de opensoft instalado no java está caducado e reemplazalo.

Exportacións

Aquí imos poder realizar varias operacións de exportación a diferentes ficheiros

Exportacións Podoloxía

Esta sección a está a usar Cristina para buscar problemas cando ten que pasar a facturación de podoloxía ao ERP. Usar con coidado.

Pasar Facturación Medicamentos a Táboas Xestión

Aquí poderemos trasladar os rexistros de facturación de medicamentos cara ás bases de datos que se utilizan en Xestión e Contabilidade. Para iso temos un asistente.

No primeiro paso temos que seleccionar as liñas de facturación que queremos pasar, para iso temos a seguinte interfaz na que temos que seleccionar as datas, o técnico e outros parámetros e pulsar no botón Buscar. Seleccionamos as liñas que nos interesan e pulsamos no botón Seguinte.

 Exportación de facturación medicamentos

No segundo paso apareceranos un informe onde podemos ver unha vista previa das liñas que se pasarán. Logo de cerrar este informe, na pantalla principal veremos unha táboa con estes mesmos albarás e terminamos pulsando no botón Finalizar o que terminaría de pasar os datos á táboa de xestión.

Pasar Albarás Podoloxía a Xestión

Aquí imos ter unha acción similar á que tiñamos no aparatado anterior pero para os albarás de podoloxía.

Pasar facturación servizos a táboas xestión

O mesmo que nos apartados anteriores para pasar a facturación de servizos ás táboas de xestión e contabilidade.

Albaráns podoloxía exportados

Ao darlle a buscar nun intervalo, aparecerán na táboa os rexistros de código de comercial, código de cliente, data do albarán e serie do albarán para ter unha referencia dos que foron exportados nesas datas.

Copia de datos

Con este menú podemos acceder a diferentes opcións que nos permitirán trasladar datos entre diferentes entidades.

Copia Animais

Podemos copiar os datos de animais entre varias explotacións. Primeiro sáenos unha pantalla na que temos que seleccionar a explotación orixe e destino, logo clicamos no botón Seguinte. Na seguinte pantalla sáenos unha táboa cos animais que podemos copiar, seleccionamos e clicamos en Finalizar. Hai que ter en conta que esta pantalla o que fai é cambiar o animal de explotación, o que fai que cambie o enlace dunha granxa por outra, non da baixas nin altas e non mantén o historial na antiga granxa, traslada todo á nova.

Copia Asignacións a Técnicos

Similar a como tiñamos no apartado anterior aquí podemos proceder de maneira análoga para copiar os datos de asignación aos técnicos. O que facemos é coller un técnico orixe e un de destino. Ao darlle a seguinte copiará as explotacións asignadas ao primeiro técnico ao segundo. Se marcamos a opción de sustituír, borraranse primeiro as do destino para copiar as do orixe.

Copia Asigna. Tenda a Técnicos

Similar a como tiñamos no apartado anterior aquí podemos proceder de maneira análoga para copiar os datos de asignación das explotacións dun usuario do perfil Tenda a un do perfil técnicos.

Copia asignación entre tendas

Similar a como tiñamos no apartado anterior aquí podemos proceder de maneira análoga para copiar os datos de asignación das explotacións dun usuario do perfil Tenda a outro.

Cambiar CEA a explotación

Nesta pantalla elexiremos unha explotación á que lle teñamos que cambiar o CEA. Esta opción debe usarse con coidado xa que lle cambia o CEA e o REGA á explotación seleccionada polo que se escriba nos campos CEA e REGA. Fai unha actualización en todas as táboas onde exista eses campos na base de datos. Si se crean novos sitios onde almacenar estes datos haberá que ampliar nesta función as táboas a actualizar.

Copia datos explotacións

Neste apartado o que facemos será copiar os datos da orixe ao destino. Primeiro borra os datos que teñan o identificador interno da explotación nas táboas de animais (os tratamentos destes animais), historial de accións, accións, accións de podoloxía, albaráns de podoloxía, visitas de podoloxía, mostras de ligal, medias de ligal, maquinaria e accions de maquinaria (planings de Calidade do leite). Logo copia os rexistros que leven o identificador desas táboas da explotación orixe nas mesmas táboas poñendo o identificador da de destino. (Esta función debe actualizarse cando se fagan adicións de datos nas bases de datos que corresponda).

Copia configuración dun usuario o outro

Acaba de implementarse unha función que funcionara hai tempo pero que hai tempo que deixara de funcionar porque na plataforma de programación na que está baseado Gesgando se deixara… O que facía esta función é poder ter gardada unha configuración nas táboas da aplicación e nalgunhas pantallas (as que teñen as barras de separación para dividir a táboa de datos dos controis, como ten a de Informes RE) e poder pasarlla a outro usuario para que este último non tivera que voltar a configurar todo de novo. Para poder facer isto, só o poderán facer os usuarios administradores.

Só teremos que seleccionar un usuario orixe (do cal se copiará a configuración) e outro destino (ao cal se lle copiará a configuración)

Pulsamos o botón de Finalizar e copiará a configuración dun usuario a outro.

Se o usuario destino aínda non iniciou sesión en Gesgando, a vez que inicie xa comezará coa configuración copiada.

Se o usuario destino xa ten iniciada algunha sesión en Gesgando, a próxima vez que entre, entrará coa configuración copiada.

Non se pode copiar unha configuración a o usuario que está facendo a copia (si o usuario admin entrou na pantalla e quere copiarse a configuración dalguén, non será posible facelo, xa que Gesgando graba a configuración actual ao pecharse, co cal, logo de copiar a configuración, se o usuario pecha, seguirá na configuración que ten na sesión en activo).

SMS

Con este menú imos poder enviar mensaxes SMS aos usuarios de diferentes formas, a un só usuario ou a moitos á vez.

Envios SMS

Aquí poñendo en Destinatarios un número de móbil e escribindo unha mensaxe, poderemos enviar un SMS consumindo crédito de Mensatek.

SMS a usuarios

Neste poñemos primeiro a mensaxe e ao pulsar seguinte debemos deixar visibles aos usuarios que dispoñan dun móbil a quenes lles queiramos enviar esa mensaxe, consumindo crédito de Mensatek.

Envio masivo SMS

Análogo ao apartado anterior pero, neste caso, os destinatarios son as explotacións que dispoñan dun móbil.

SMS enviados

Nesta pantalla temos unha táboa onde, elexindo un usuario, podemos ver os SMS que se lle enviaron. Debaixo temos un intervalo de datas e un botón no que sacar un informe de SMS enviados agrupados por usuario nese intervalo. E no final, un botón onde podemos consultar os créditos de Mensatek que nos quedan.

É importante dicir que para comprobar si os sms foron enviados, hai que entrar co usuario e contrasinal que temos en Administración en Mensatek e aí hai un apartado para ver os SMS de Aplicación e aí aparecerán os que se envían mediante Gesgando que chaman á súa API.

Configurar envios SMS automáticos

Nesta pantalla vemos unha táboa na que podemos ver as configuracións de envios automáticos gardadas. Ao pulsar o botón de refrescar a táboa, veremos todas as configuración existentes para cada explotación.

Para meter unha configuración, debemos pulsar o botón de engadir rexistro da táboa (xa os vimos cando vimos as táboas, se non, consultar esta sección) e nos aparecerá o formulario de configuración

Nela debemos seleccionar a explotación, o usuario dos que ten asignados a explotación que se vai facer cargo dos sms e a quen lle vai a chegar o correo electrónico dos sms enviados, enviar sms a si si queremos que os envie, a data de comezo de envío, e só teremos para seleccionar cousas na pestana de calidade do leite. que irá en función de cando entren as mostras do ligal, as medias e os recontos. En función dos criterios seleccionados, enviará o sms cos datos da analítica ao móbil que teñamos configurado na ficha da explotación. Gardamos e será creado o rexistro na táboa. A partir dese momento, deberían chegarlle as mostras, si cumplen eses criterios, cando entren no sistema.

Podemos editar un rexistro pinchando nel na táboa e nos permitirá editar os valores e poder gardar.

Os botóns de enviar SMS e Enviar Mail farían, de forma manual, o proceso de enviar os sms e o email que vai aos técnicos dos que foron enviados. Non se deberá empregar a non ser que sexa de extrema necesidade, xa que o proceso automático funciona e, se non se fai, é por falta de créditos ou algún erro nos números de móbil, email ou porque non chegou a mostra aínda.

Reiteramos que cando se envía un sms se consumen créditos de Mensatek. Estes créditos renóvanse con cartos dende a web de Mensatek.

Configurar SMS recetas

É unha pantalla análoga á anterior só que neste caso, configuraremos o técnico, a mensaxe e se queremos que se envíe o sms ou non de que ten recetas sen asinar, xa que inflúe no proceso automático que busca se hai recetas sin asinar e, no caso de que se configure que si hai aviso, nese momento programado automático por medio do cron do sistema, enviará esa mensaxe por sms con aviso ao técnico ou técnicos que o teñan configurado a si. Actualmente están todos desactivados porque a xente que se encarga de supervisar as recetas xa os está avisando.

Xestión

Provedores

Neste apartado podemos xestionar os provedores. Trátase dunha táboa na que podemos visualizar, filtrar e inserir datos. É o maestro de proveedores da parte de Xestión. Son os que serán empregados despois neste servizo á hora de dar de alta as facturas de gastos, inversións…

Clientes

Os mesmo que no apartado anterior pero para clientes. Serán os que aparezan nas facturas de ingresos.

Formas de cobro y pago

Podemos con este menú podemos configurar as formas de cobro e pago dispoñibles. Estas opcións son maestros para que logo aparezan para seleccionar según se metan facturas de gastos, inversións ou ingresos en Xestión.

Grupos de Gastos

Establecer os grupos nos que se poden definir os gastos, o grupo contable ao que pertencen entre outros elementos.

Grupos de Ingresos

O mesmo pero para os ingresos

Grupos de Destinos

Grupos aos que se pode definir que van os gastos ou investimentos.

Grupos de investimento

Grupos no que poden encadrarse os investimentos.

Importar facturas de Xestión

Con esta xanela podemos importar ficheiros de facturas de xestión. Colle un arquivo de texto con formato xa definido e importa os movementos de gastos e ingresos. Esto está en desuso porque xa teñen unha función para importar facturas que xenera o Flexicapture a base de escanealas e recoñecelas que comentaremos no apartado de xestión.

Seguinte sección Menú Principal

gl/barra_menu_principal/menu_administracion.txt · Última modificación: 2025/10/17 11:49 por admin