Ferramentas de usuario

Ferramentas do sitio


barra_menu_principal:menu_calidad_leche

Menú Calidade do Leite

Este menú contén a maioría das opcións e accións relativas ao servizo da Calidade do Leite. Imos analizar cada elemento do menú para saber que permite facer.

Pantalla Traballo CL

Aquí temos a pantalla principal de traballo. Como é habitual no programa temos un panel esquerdo cunha árbore de navegación onde podemos ver as explotacións e ver os animais e, no caso de calidade do leite, tamén os planings da sala de muxido que ten ésta. Despois temos o panel dereito onde se atopamos a información relativa ao que teñamos seleccionado na árbore.

Si seleccionamos unha explotación, o panel dereito mostra información relativa a esta explotación dividida en varias pestañas.

Pestaña de identificación: Nesta pestana imos ver os datos da explotación, así como dos muxidos e as horas dos mesmos.


Pestaña de configuración: Nesta pestana temos a configuración da explotación, vemos que nesta pestana e na anterior conteñen a mesma información que no formulario de Administración → Explotacións Esta pantalla só é visible para usuarios Administradores.


Pestana mostras LIGAL: Nesta pestana vemos todas as mostras LIGAL que se lle fixeron á explotación.


Pestana de medias LIGAL: Nesta pestana vemos todas as medias LIGAL que chegaron da explotación. Lembrar que aparecen sempre con 1 día do mes do que son. (P.E.: As medias de Xullo de 2025 estarán como 01/07/2025)


Pestana de tratamentos de mamite: Aquí podemos consultar os tratamientos de mamite que mete o usuario directamente no animal cando pinchamos nel e, na pestana de tratamentos, os damos de alta. As cuadrículas de verificación axúdannos a visualizar mellor o estado do tratamento y nos tetos que foi aplicado. Hai un botón que servía para facer a receta a partir dos tratamentos, pero quedou en desuso (e non debe ser empregado) pola nova normativa de facer as prescripcións veterinarias.


Pestana de analíticas: Aquí aparecen as analíticas feitas ás augas e aos silos da explotación en cuestión sempre que foran asignadas a ela.


Se agora seleccionamos un animal dalgunha explotación imos ver que as opcións e pestanas que aparecen no formulario dereito cambian, obteniendo unha vista coma esta.

Pestana de identificación: Aquí vemos os datos da ficha de identificación do animal.


Pestana de follas de establo: Aquí vemos as follas de establo que os técnicos de mamite cubren nas súas visitas. Nos controis da táboa temos o botón de engadir rexistro co que podemos engadilas. Tamén aparece ao final da botoneira da táboa, un botón para poder duplicar os rexistros. Se seleccionamos unha folla de establo e pulsamos o botón de duplicar rexistro, aparecerá para cubrir o formulario da folla de establo cos datos da primeira fila por defecto que lle corresponde na data e o resto dos datos copiados da fila que seleccionamos.

Esta é a pantalla onde os técnicos dan de alta unha folla de establo de calidade do leite para un animal. Primeiro poñemos a data, que nos collerá por defecto a do momento no que se pincha o botón, os DEL (días en leite) actuais do animal e a lactación, se hai datos de partos, e o número de mamites clínicas nesa lactación. En Lote podemos indicar o lote creado polo usuario no que podemos localizar ao animal. E Descarte marcarémolo se é un animal para descartar ou non. Logo está a parte de Acción, onde indicaremos o tipo de mamite detectada e en cada un dos tetos que apareza, seleccionarémola logo na lista desplegable dos cales corresponda. Aparecerá o derradeiro reconto celular do animal e poderemos seleccionar algún dos elementos da lista de esfínteres, se procede, e tamén da ubre. Podemos marcar ou non á oxitocina. E, se recollemos mostra, debemos poñer aí o número da pegatina do tubo, xa que cando veña o resultado, entrará automáticamete o xerme aí. As mostras só aparecerán se marcamos o recadro de Mostra. Se marcamos o recadro de Tratamento, cambiará de Ningún a Recibido (ou poderemos indicar si é prescrito ou prescrito secado) Puidendo marcar de que se compón o tratamento farmacolóxico e tamén que actuacións conleva. E no final, podemos indicar se imos a apartar algúns dos tetos. Isto farémolo con todos os animais que revisemos na visita de Calidade do Leite.


Pestaña de tratamientos de mamitis: Aquí veremos os tratamentos de mamite que se lle van indicando ao animal que temos seleccionado na árbore. Hai un botón para facer a receta en función do tratamento, pero quedou en desuso e non se recomenda facela por aquí debido á derradeira normativa das prescripcións veterinarias. As liñas de tratamentos que aparecen en marrón son as que están marcados coma Prescrito Secado.

A pantalla para inserir os tratamentos de mamite ten este aspecto. Primeiro teremos marcado que é tratamento e logo indicarlle cal: Recibido, Prescrito ou Prescrito Secado. Logo indicaremos a ubre ou ubres na/s que o imos aplicar. A continuación seleccionaremos o medicamento para o tratamento. Este medicamento ven do maestro de medicamentos facturación que teñan marcada a cuadrícula de Calidade do Leite. As datas e horas de comezo e fin do tratamento, a Dose virá dada da selección do medicamento, debemos cubrir a vía administrativa e o prezo tamén virá do medicamento. Indicamos a cantidade e os días de supresión e as datas de supresión tamén virán dadas pola selección do medicamento.


Pestana de recontos celulares: Aquí veremos os recontos celulares que foron incorporados do control leiteiro da vaca que temos seleccionada.


Pestana de analíticas: Aquí vemos as analíticas feitas ao animal seleccionado cando enviamos o tubo ao laboratorio e se fai o proceso de incorporación deses datos. Si na folla de establo de Calidade do Leite está metido o número da pegatina do tubo, a analítica virá automáticamente identificada para ese animal. Se non, haberá que asignarlla a posteriori na parte de analíticas de leite.

Os outros elementos que colgan da árbore da explotación na pantalla de traballo de Calidade do Leite son os plannings. Estes son os rexistros que fan os técnicos do servizo en base a varios elementos como a rutina de muxido, máquina de muxido, alimentación, confort e secado dos animais. Hai 2 tipos de rexistros: O Planning Completo e a Valoración Mensual. No primeiro faise un análise detallado da situación de todos estes elementos nos formularios e no segundo só aparecerán as partes que sexan dende a zona do formulario de Valoración hacia abaixo. Imos ver como cubrir un Planning Completo tendo en conta o que xa dixemos da valoración mensual. Para poder engadir un rexistro novo, porémonos no ano que corresponda dar de alta a visita e pulsamos o botón de insertar rexistro no formulario ou a telca F9.

Nesta primeira pantalla indicaremos a data da visita, si estamos a facer un completo ou unha valoración, o tipo de visita e as observacións, se procede. Cando creamos unha visita nova, xa nos colle por defecto datos da visita anterior para facilitarnos a introducción dos mesmos.

Na seguinte pestana, na rutina de muxido, indicaremos en función dos campos que temos no formulario, a valoración que vai facendo o técnico nos aspectos da rutina.

Na terceira pestana o técnico indicará que máquina de muxido e as súas características e logo a valoración que fará da mesma. Na parte das pezoneiras, cando marca unhas pezoneiras novas, a data do cambio previsto, fai un cálculo de data aproximada en función de se son de caucho ou de silicona.

Na cuarta pestana o técnico indicará como se manexa a alimentación, valorará o sistema potabilizador e fará aconsellamento do tratamento dos silos e o seu tratamento con aditivos.

Na quinta pestana o técnico dará unha visión do confort das vacas no establo. Como están os cubículos, os bebedeiros, a limpeza, etc.

Na sexta pestana indícase como é o secado, a duración do secado, a alimentación das vacas secas, etc.

Na derradeira pestana haberá que indicar a sinatura do contacto da explotación que dará o visto bo á valoración da visita. Se non houbera contacto, pódese dar de alta e recoller a súa sinatura asinando co dedo na pantalla ou cun rato si é nun equipo sen pantalla táctil.

Ao rematar todas as pestanas, pulsaremos de novo o botón de insertar o rexistro (F9) e quedará gardado. Se estivéramos facendo unha edición, o botón a pulsar sería o de actualizar o rexistro (F11)

Atópase no menú: Calidade do Leite - Pantalla de Traballo CL

Informes

Neste apartado imos poder obter a maior parte dos informes relacionados con calidade do leite. A pantalla aparece así.

Na figura temos sinaladas as partes da interfaz, imos ver as diferentes pestanas e os diferentes informes que podemos obter con cada unha delas.

Pestana Informes

Nesta pestana imos poder sacar os informes de planing tanto completo como o de valoración, e a folla de visita de Calidade do Leite. Na imaxe vemos como se estructura.

No botón Completo, sacará o planing introducido na explotación seleccionada igual ou anterior á data de consulta de arriba. No caso de que sea unha valoración, os datos serán os da mesma e os datos das cabeceiras o do derradeiro planing completo anterior ou igual á data consultada. No caso de marcar as opcións, veremos a maiores nel:

  • A porcentaxe de esfínteres danados que será o resultado de dividir os animais con esfínteres danados entre o total de animais muxindo por 100, que se indica no apartado de Rutina de Muxido e irá poñendo os valores dos derradeiros meses dende a data do informe para atrás.
  • A porcentaxe de uso de oxitocina que será o resultado de dividir os animais que aparecen no uso mensual de oxitocina entre o total de animais muxindo por 100, que se indica no apartado de Rutina de Muxido e irá poñendo os valores dos derradeiros meses dende a data do informe para atrás.
  • A derradeira media do Ligal
  • As derradeiras 6 mostras do Ligal (se marcamos a opción Todas as do mes, veremos todas)

Mo botón Valoración teremos o mesmo informe pero xa non teremos as cabeceiras do planing completo.

O informe de visita é un informe deseñado polo servizo de Calidade do Leite para facer a súa visita. No intervalo dado por defecto, que collerá o tempo entre a anterior visita e o día actual, colle as follas de visita feitas nel e as ensina indicando a data, o animal, o reconto celular indicado nese rexistro, os días en leite indicados, a lactación, o tipo de mamite detectado e en qué cuarterón ou cuarteróns, se houbo toma de mostra e que número de tubo leva, se se apartou o leite, o tratamento indicado e as observacións. Si se indica Ver evolución intervisita, debaixo das accións de mamite aparecerá un cadro onde aparecerán estadísticas seguintes:

  • Vacas en ordeño: Que collerá as vacas muxindo do derradeiro planning dado de alta para a explotación de Calidade do Leite.
  • Tratamentos Recibidos: Indicará cantos foron con antibiótico e cantos non e canto supoñen da porcentaxe do total.
  • Vacas Clínicas Tratadas: Mira se hai animais que repetisen da anterior visita e indican se se volveron a tratar con antibiótico ou non e se foi repetidora ou é clínica aguda.
  • Subclínicas Visita: Danos a contaxe de cantas foron marcadas coma Subclínica na visita e a porcentaxe sobre o total.
  • Cínicas Visita: Danos a contaxe de cantas foron marcadas coma Clínicas na visita e a porcentaxe sobre o total.
  • Vacas Leite Descartado: Indica cantas foron descartadas de dar leite e a porcentaxe sobre o total.

Logo, aparecerán os animais aos que se lle dou de alta un tratamento que foi marcado como prescrito, co medicamento, a dose, a vía, os días de tratamento e as observacións. Abaixo, os que foron marcados como prescrito secado cos mesmos campos a visualizar. E na parte final, un sitio onde poder escribir recomendacións unha vez impresa a folla, se así fose necesario.

Atópase no menú: Calidade do Leite - Informes

Pestana Vacas a Revisar

Aquí imos sacar informes das vacas en función dos criterios seleccionados. Para isto temos varias opcións que permitirán filtrar os datos e obter a información que necesitemos. Na imaxe sinalamos os aspectos máis importantes.

Se activamos o primeiro dos criterios, ensinará animais que teñan no derradeiro control de células somáticas igual ou anterior á data de consulta (na parte superior á dereita) o número maior ao que poña no cadro, que por defecto son 400 (en miles).

O seguinte criterio, sacará vacas con secado previsto os días que poña no recadro, que por defecto son 60. Se marcamos, ademáis, o criterio seguinte, desas só sacara as que teñen acción de mamite na presente lactación.

O terceiro sacará os animais que tiveran algunha acción de mamite nos derradeiros días que indique o cadro, que por defecto son 90.

E o derradeiro dos criterios sacará animais que teñan máis dos días en leite que indique o recadro, que por defecto son 240. Se marcamos o seguinte criterio, sacará só as que cumplan a condición dos DEL pero que teñan acción de mamite na presente lactación.

Ademáis, na parte de abaixo hai 3 opcións que podemos seleccionar para que nos marque os animais no listado. Isto é: Se seleccionamos o primeiro criterio, marcará os animais con tantos controis (por defecto 3) ou máis en lactación que teñan máis de o número indicado (que por defecto son 1000, que serían as millonarias). No segundo, marcará nos RCS as que tiveran o número de recontos nos últimos meses maiores das células indicadas (por defecto, 3 recontos nos últimos 6 meses maiores de un millón de reconto). E na última, marcará nos tratamentos as que tiveran ese número de tratamentos antibióticos nos últimos meses (por defecto 2 tratamentos antibióticos nos últimos 3 meses).

Atópase no menú: Calidade do Leite - Informes

Selección secado selectivo

Para comezar, o primeiro que temos que ter son os mantementos cubertos. Para iso, a persoa de administración, terá que dalos de alta na parte de Administración –> Maestros –> Tratamentos Secado.

Unha vez os teñamos dados de alta xa poderemos operar nesta sección.

O que impera nesta pantalla é a selección de fechas de secado previsto. Tanto o botón mostrar como o non mostrar buscarán animais con fecha de secado previsto nese intervalo.

Logo, en función dos checks que activemos aparecerán unhas vacas ou outras. No seguinte exemplo temos vacas previstas para secar en Xaneiro deste ano:

Si agora activamos, por exemplo, Vacas con último reconto >= 200 veremos que aparecerán só esas vacas:

Así como se pulsamos o botón Non Mostrar, esas 2 vacas serán as que non aparecen:

Agora para asignar a recomendación de Secado temos que seleccionar en azul as vacas que queiramos e pulsar o botón Asignar Secado ATB.

Agora temos que elexir cal imos asignar a esas vacas dos que temos de alta nos maestros e a fecha.

Pulsamos o botón aceptar e quedarán postos na ficha do animal ou animais.

Agora, para poder aplicar tratamentos de secado en grupo só temos que ir á pantalla de Tratamentos de grupo no apartado de Reproducción Acciones Reproducción e poñemos os datos iniciais.

Pulsamos seguinte e o listado de animais, se nunca configuramos nunca nada aquí saldrá así:

O que temos que facer son os filtros para seleccionar os animales aos que lle vaiamos aplicar o tratamento, para iso collemos as columnas que consideremos, pero sempre collendo as da recomendación de secado. Eu collo estas, por exemplo:

Agora clicamos co botón dereito onde SECADO TAPON e pulsamos en Filtrar por Valor: SECADO TAPON e só nos aparecerán os animais con esa recomendación:

Pulsamos o botón do disquette (para a xente nova, o sexto botón empezando pola esquerda de encima da táboa) e pulsamos Guardar

Aquí poñemos SECADO TAPON, por exemplo, e vos preguntará si queredes almacenar as columnas e o tamaño destas e lle dicides que si. E xa quedaría configurado o filtro.

Cada vez que queirades buscar os SECADOS TAPON coas columnas que configuráchedes, só tedes que pulsar ese botón e saldrá isto

Cada vez que queirades buscar os SECADOS TAPON coas columnas que configuráchedes, só tedes que pulsar ese botón e saldrá isto Só tedes que pulsar no botón do nome que lle puxérades ao filtro e aparecerán as vacas e as columnas xa configuradas (tamén almacena a orde, por se queredes darlle unha orde á data da recomendación para que vos aparezan dunha maneira ou outra).

Pulsamos Finalizar e xa lles poría ese tratamento seleccionado a eses animais.

Atópase no menú: Calidade do Leite - Informes

Pestana Tratamentos e Analíticas

Aquí veremos informes dos tratamientos e analíticas feitas ás vacas dunha explotación determinada, aquí vemos as funcións dos botóns e campos da pantalla.

Na parte esquerda temos os botóns para sacar o informe de tratamentos e o das analíticas. No primeiro, os dous botóns sacan o mesmo informe porque esto se cambiara e se actualizara e se decidiu ter só un informe. A única diferencia é o de excluir prezos, que se está marcado fará que non aparezcan os prezos dos medicamentos.

O das analíticas, ensinará as analíticas que foron correctamente asignadas (co envío do tubo e a posterior recepción nos correos do ligal) dos animais, teto e resultado da analítica correspondente.

O botón da dereita para as analíticas, buscará tamén as analíticas entre esas datas pero a forma de ensinalas será mostrando o animal, o estado, os DEL, a Lactación e os 4 tetos poñendo, no que corresponda, o resultado da analítica e a data de cando foi analizada en caso de que esten ben asignadas aos animais. Podemos excluir do informe os animais que estén de baixa no intervalo se seleccionamos o cadro correspondente.

Atópase no menú: Calidade do Leite - Informes

Pestana Control Leiteiro

Nesta pestana imos obter os informes relativos aos controis do leite. Na seguinte imaxe vemos os elementos que compoñen esta sección.

Vemos que temos varios botóns cos que podemos obter diferentes informes. Explicámolos a continuación.

  • Imprimir Produccións por Lactación: Informe coas produccións de leite dos animais do intervalo agrupados por lactacións e por tramos de DEL.
  • Imprimir Produccións Intervalo: Informe coas produccións nas datas comprendidas no intervalo amosando o número de animais controlados nesa data e as medias de DEL, Kg Leite, Media de Kg de Leite, Graxa, Proteína e Células Somáticas do control desa data.
  • Imprimir Produccións Intervalo (gráfica): Ensina os mesmos datos que o anterior botón pero engade unhas gráficas para ver a media do leite, a grasa e a proteína e a media de células nos meses que aparecen no informe. Estas gráficas pódense ver mellor en Gesganmobil e nos permite analizar máis eses tramos, calculando unha media global dos datos.
  • Imprimir Recontos por Lactación: Este é como o das produccións pero centrado nos recontos celulares agrupado por lactacións e días en leite. Aparecen o número de animais por tramo, a porcentaxe sobre o total que representan e os vai dividindo en tramos de recontos celulares.
  • Imprimir Recontos Intervalo: Este é análogo ao das produccións, por meses, vendo o número de animais controlados no mes, a media de células, a media de células que veñen do ligal e logo agrupando por cantos animais hai nos tramos de células e a porcentaxe que representan sobre o totoal.
  • Imprimir Recontos Intervalo (Gráfica): Este saca os mesmos datos que o botón anterior pero a maiores ensina a gráfica das medias dos recontos durante os meses e a porcentaxe dos animais que teñen menos de 200.000 células. Estas gráficas pódense ver mellor en Gesganmobil e nos permite analizar máis eses tramos, calculando unha media global dos datos.
  • Folla de Produccións: Sae a mesma folla de produccións que viría do CEGACOL, cos datos das vacas analizadas no control anterior ou igual á data seleccionada arriba.
  • Recontos Mensuais: Aquí sae a folla de recontos do mes igual ou anterior á data de consulta, pero a maiores dos datos do control, saen as columnas dos recontos que existan para eses animais 4 meses para atrás.
  • Evolución RCS: Neste informe poderemos ver dende a data de consulta para atrás os datos dos controis mensuais. Veremos o total de animais do control, a media de células do mesmo, a media de P Lineal, a media dos recontos de Ligal e logo porá o número de anumais e a porcentaxe do total dos que hai nos tramos de células. Tamén hai unha gráfica que reflexa estes últimos datos comentados. Tamén a temos en Gesganmobil e podemos profundizar nestes datos podendo ir vendo as series de datos polo miúdo.

Atópase no menú: Calidade do Leite - Informes

Pestana Mostras Ligal

Esta pestana permitirá obter informes das mostras enviadas ao laboratorio do LIGAL. Na siguiente imaxe hai unha captura desta pestana e a explicación do que fai cada elemento. Cabe destacar que cando se indica o de Destacar, o que fai no informe é poñer en negrita os datos que cumplan a condición a destacar. Excluír as mostras de inhibidores é excluir liñas que teñen todos os datos a 0 e teñen unha R no Estado ou non.

Atópase no menú: Calidade do Leite - Informes

Pestana Índices Mamitis Clínicas

Aquí podemos consultar diferentes indicadores de Mamitis Clínica. A pestana ten o seguinte aspecto.

Vemos que temos varios botóns cos que podemos xerar diferentes informes, imos ver con detalle que fai cada un.

  • % Mamitis Clínica (Comparativa con el año anterior): Fai un informe no que hai unha gráfica que compara mes a mes a porcentaxe de mamitis clínicas, detectadas nas follas de establo introducidas na pantalla de traballo, con respecto ás do ano anterior.
  • % Mamitis Clínica EXCEL (Comparativa con el año anterior): Son os datos do informe anterior plasmados nunha folla excel.
  • % Mamitis Clínicas DEL: É un informe cunha gráfica que vai ensinando a porcentaxe de mamites clínicas no intervalo en función dos días en leite de cando foron rexistradas.
  • Incidencias Mamitis por meses: Aquí veremos por meses as mamites rexistradas, cantos animais hai repetidos e cantos animais hai na explotación nese mes. Debaixo aparece unha gráfica cos casos e as repeticións ao longo dos meses.
  • Incidencias Mamitis por lactación: Análogo ao anterior pero desta volta vai por tramos de lactación e o total de animais é dos animais nesa lactación. O gráfico tamén irá acorde coas lactacións.
  • Incidencias Mamitis por DEL: Análogo ao anterior pero desta volta por tramos de días en leite. O total de animais é o dese tramo e a gráfica tamén vai en función dos del, tendo mal indicado o valor do eixo das Y que fai a representación ben dos datos pero non da o dato numérico correcto.
  • Evolución RCS y Bacterias Tanque: Aquí ensina 2 gráficas que compara o reconto celular que ven dado das mostras do ligal do ano consultado co anterior. O mesmo para o reconto de bacterias que veñen neses datos de tanque.

Atópase no menú: Calidade do Leite - Informes

Pestana Índices Recontos Evolución

Aquí podemos veremos un informe que sacará por meses, entre as datas do intervalo, os seguintes datos:

  • Vacas Totais: Son os animais controlados nese mes nos recontos celulares de control leiteiro.
  • Prevalencia Infección: O número de animais e a porcentaxe sobre o total dos animais que no control tiveran máis de 200 mil células somáticas.
  • Taxa Novas infeccións: O número de animais e a porcentaxe sobre o total dos animais que tendo o control anterior menos de 200 mil células somáticas, teñen no no mes do rexistro máis de ese número.
  • Taxa Curación: O número de animais e a porcentaxe sobre o total dos animais que tendo o control anterior superio a 200 mil células somáticas, teñen no mes do rexistro menos de ese número.
  • Taxa Vacas Sans: O número de animais e a porcentaxe sobre o total dos animais que teñen menos de 200 mil células somáticas no mes do rexistro e no control anterior.
  • Taxa Crónicas: O número de animais e a porcentaxe sobre o total dos animais que teñen 2 ou máis controles dende o mes do rexistro e 4 controis para atrás, superiores a 400 mil células somáticas.

Debaixo aparecerá a gráfica por meses do número de animais por cada un destes índices.

E así aparecerá o informe

Atópase no menú: Calidade do Leite - Informes

Rexistro Certificación

Este apartado foi creado para levar un rexistro para a certificación das explotacións. Seleccionamos a explotación sobre que traballar na árbore e logo no formulario podemos navegar polas diferentes pestanas da certificación que queiramos consultar ou rexistrar. Podemos rexistrar datos de proveedores, de consumos de pensos, de consumo de correctores, de consumo de leite e penso de recría, de consumo de forraxes propios, de renovación do material das camas, do persoal de muxido, da supervisión da zona de descanso, de limpeza de equipos de muxido e frío, de tempo de enfriamento e temperatura do tanque, do cloro da auga, de peróxidos da auga e unha táboa final chamada Informes Rexistros onde se visualiza unha táboa con todos e poderemos usar os controis da táboa para sacar informes deses datos.

Cada pestana do panel dereito vainos permitir consultar o insertar datos usando os controis da táboa. Máis información sobre táboas en Traballar con táboas.

Actualmente non se está a traballar con isto.

Informes Grupo

Este apartado nos permitirá consultar informes relativos a Calidad de Leche para todas o algunas explotaciones.

Evolución RCS

O mesmo informe de Evolución RSC que tiñamos no menú de Informes de Calidade do Leite na pestana de Control Leiteiro. Pero aquí sacará os datos agrupados das explotacións que aparezcan na táboa.

Vemos que temos unha táboa coas explotacións, a continuación deixamos as explotacións á vista das que queremos que faga o informe, seleccionamos as datas de inicio e fin e unha vez o teñamos pulsamos sobre o botón Finalizar. Salirá o informe cos datos desas explotacións e o número de explotacións que entraron na consulta. Convén non coller máis de un ano de intervalo para que realice o informe correctamente.

Atópase no menú: Calidade do Leite - Informes Grupo - Evolución RCS

Índices CL

Aquí imos poder obter informes sobre varios índices de calidade do leite, na seguinte captura de pantalla imos ver como é este formulario.

Na parte superior, tal e como no apartado anterior, temos unha táboa na que podemos seleccionar as explotacións e logo temos na parte inferior varios controis cos que imos poder escoller que datos se verán no informe. Cando teñamos as explotacións á vista que queremos incluír no informe e marcados os índices a ver, pulsamos no botón Finalizar abrirá o informe.

Imos facer un exemplo para explicar o que sae neste informe: Se collemos unha soa explotación, e collemos o intervalo dun ano, como facíamos na pantalla Informes de Calidade do Leite na pestana de Indices Recontos Evolución, seleccionando todos os recadros da esquerda, veremos como nos sae unha folla análoga ao que viamos nel, cos mesmos datos e os índices explicados pero cada un nunha fila e non en columnas como antes, collendo coma referencia a data de control igual ou anterior á da data final do intervalo.

O cadro de selección por intervalo só é válido para os cadros de selección da parte dereita. Se o seleccionamos temos que ter en contan que non nos salirán datos dos índices da parte esquerda ou serán erróneos. Iso está para seleccionar animais polo último control igual ou anterior á data final do intervalo, se non está marcado, ou, se está marcado, coller os animais dentro do intervalo de datas que tiveran máis dun control.

Logo, na parte de Selección Resume, poderemos ver os índices por números ou tamén vendo que animais son os que aparecen nos índices.

Atópase no menú: Calidade do Leite - Informes Grupo - Índices CL

Curvas de Lactación

Dende aquí podemos sacar a curva de lactación das produccións doas animais da explotación ou explotacións seleccionadas. O primeiro paso vémolo na seguinte imaxe.

Neste paso escollemos a/s granxa/s marcando en azul, fixar as datas límites e pulsar no botón Seguinte. O que nos leva ao paso 2, que podemos ver na seguinte captura.

Neste paso vemos os animais na táboa dos que queremos obter as curvas. Se non queremos que entre algún ou algúns na mesa, debemos marcalos e darlle ao botón de Desmarcar rexistros para sacalos da gráfia. Marcamos que lactacións queremos que dibuxe a gráfica ou que tramos de DEL e pulsamos en Seguinte, o que nos leva ao tercer e derradeiro paso onde se nos mostra a curva.

Atópase no menú: Calidade do Leite - Informes Grupo - Curvas de Lactación

Índices Mamitis Clinicas

Neste informe de grupo aparecerán os mesmos informes que xa comentamos na parte de informes individuais pero neste caso poderemos seleccionar varias explotacións para sacar un informe conxunto. As funcións xa as explicamos un anaco máis arriba.

Atópase no menú: Calidade do Leite - Informes Grupo - Índices Mamitis Clinicas

Consulta

Neste menú poderemos consultar os distintos datos que introducen os usuarios (ou veñen do laboratorio) a modo global entre datas. Pasamos a relatar cales.

Follas de Establo

Aquí imos poder ver as follas de establo das explotacións asignadas ao usuario entre 2 datas determinadas. Se non indicamos a explotación, a búsqueda será entre as datas das explotacións asignadas ao usuario. Para que aparezcan os rexistros pulsamos o botón Buscar.

Veremos os datos das follas de establo de mamite introducidas polos usuarios que foron a esas explotacións. Os que aparecen en amarelo son os que teñen un tratamento intramamario. Os que aparecen en marrón son mamites clínicas agudas. Se temos algún rexistro marcado como tipo de mamite Incidencia e lle indicamos no teto ou tetos que é Mamite Seca, o rexistro aparecerá en rosa. Se temos algún rexistro marcado como tipo de mamite Incidencia e lle indicamos no teto ou tetos que é Nulo, o rexistro aparecerá en azul.

Aparecen 2 botóns na botoneira da táboa que pon etiquetas ou etiquetas ligal, están en desuso porque esos botóns non teñen funcionalidade ante o sistema que temos para etiquetar os tubos para que entren automáticamente cando veñan os resultados das analíticas.

Atópase no menú: Calidade do Leite - Consulta - Follas de Establo

Tratamentos Farmacolóxicos

Esta pantalla é como a explicada no apartado anterior de Follas de Establo. Aquí imos ver os tratamentos de mamite por explotación nun intervalo de dúas datas. Se non poñemos explotación, a busca faráse nas explotacións asignadas ao usuario. Os rexistros que aparecen en marrón son todos os que teñen o Prescrito Secado marcado.

Atópase no menú: Calidade do Leite - Consulta - Tratamentos Farmacolóxicos

Plannings

Aquí podemos ver os Plannings de Calidade do Leite das explotacións todas xuntas por explotación, se a indicamos na busca, ou polas que ten o usuario asignado se facemos a busca sin indicar explotación. Para isto dispoñemos da seguinte pantalla.

O funcionamento é similar aos dous comentados arriba.

Tamén podemos engadir rexistros de Planning

Primeiro pulsamos no botón de engadir rexistro da táboa e aparece o formulario para engadilo.

É a mesma pantalla que cubrimos como a que explicamos cando explicamos a pantalla de traballo de Calidade do Leite na parte de cubrir os plannings.

Atópase no menú: Calidade do Leite - Consulta - Plannings

Analíticas Leite

Aquí consultaremos as analíticas que veñen dos laboratorios.

Mostras de Leite

Son as mostras de leite que chegan automáticamente dende os mails que manda o Ligal nunha folla de Excel e que Gesgando le automáticamente en orde secuencial. Sempre e cando exista a folla de establo introducida, previo a que chegue o mail coas mostras, o programa recoñecerá a referencia cliente que vai na folla de establo e asignará a mostra á explotación, animal e teto correspondente. Si se cumple isto, aparecerá aquí, neste listado. Podemos buscar entre datas e, si indicamos a explotación, veremos todas as desa explotación entre esas dúas datas. Si non indicamos a explotación, aparecerán os rexistros entre esas datas de todas as explotacións asignadas ao usuario.

Cando unha analítica, sabemos que chegou (porque chegou o pdf que manda o Ligal) e non está nesta lista, seguramente sexa porque nos esquecimos de meter o número do tubo na referencia cliente ou metimos un que non é válido para facer as búsquedas. Por exemplo: Se metemos en Ref. Cliente na folla de establo algo como 116 TD (que sería o nome da vaca e o teto traseiro dereito) corremos o risco que xa exista unha folla de establo que teña esa mesma referencia e lle meta a mostra a ese animal que ao mellor non está nin na mesma explotación, xa que é o primeiro que atopa con esa referencia. Por iso se fixeron as etiquetas e por iso levan un número único que non debe repetirse. Se se repite, porque non aparecen as mostras no seu sitio, sería porque se sacou unha tandada de etiquetas trabucada e haberá que desbotar esas e non usalas e pedir unhas á central.

Nos rexistos, se facemos doble clic, aparecerán os datos da mostra e os resultados da mesma.

Na pestana Resultados podemos ver a analítica feita á mostra e si hai xerme ou ausencia del. Na seguinte pestana, a de Antibiogramas, poderemos observar o resultado do antibiograma feito á mostra das bacterias presentes.

Atópase no menú: Calidade do Leite - Analíticas Leite - Mostras de Leite

Mostras de leite sen asignar

Aquí acabarán as mostras de leite que chegaron e, no proceso automático, non atoparon o rexistro da folla de establo co código da Ref. Cliente que levan.

Na táboa superior temos unha relación de todas as mostras rexistradas para poder tener unha referencia de búsqueda e na táboa inferior temos unha táboa coa que podemos ver e editar as mostras sen asignar para poder asignalas correctamente á explotación, animal e teto que pertencen.

Para asignar a mostra temos que facer doble clic no rexistro correspondente na táboa inferior e ábresenos a seguinte pantalla.

Analíticas de leite sen asignar

Aquí podemos seleccionar a explotación, o animal, e o teto da mostra. Empregamos o botón gardar do formulario e quedaría a mostra asignada, desaparecendo da táboa de abaixo.

Atópase no menú: Calidade do Leite - Analíticas Leite - Mostras de Leite sen asignar

LIGAL

Aquí poderemos consultar as mostras e as medias do tanque de leite que veñen do laboratorio LIGAL.

Mostras LIGAL

Aquí podemos acceder á táboa de consultas das mostras do LIGAL, similar a como temos no menú principal que xa explicamos Menú Principal > Mostras LIGAL

Atópase no menú: Calidade do Leite - LIGAL - Mostras LIGAL

Medias LIGAL

Aquí podemos acceder á táboa de consultas das medias do LIGAL, similar a como temos no menú principal que xa explicamos Menú Principal > Medias LIGAL

Atópase no menú: Calidade do Leite - LIGAL - Medias LIGAL

Última mostra LIGAL

Aquí teremos unha táboa que, ao darlle ao botón de Refrescar datos da botoneira da táboa, mostrará as explotacións e cando foi a derradeira data de mostra e de media recibidas do Ligal.

Atópase no menú: Calidade do Leite - LIGAL - Última mostra LIGAL

Control Leiteiro

Aquí veremos en conxunto, os datos de control leiteiro.

Recontos Celulares

A mesma pantalla que explicamos xa no menú principal Menú Principal > Recontos Celulares

Atópase no menú: Calidade do Leite - Control Leiteiro - Recontos Celulares

Datos producción

A mesma pantalla que explicamos xa no menú principal Menú Principal > Datos Producción

Atópase no menú: Calidade do Leite - Control Leiteiro - Datos producción

Laboratorio Extendido

É unha pantalla análoga ás dúas anteriores na que podemos ver, na táboa de consulta, os datos de máis analíticas que fai o Ligal sobre o leite para os diferentes ácidos grasos e a porcentaxe de recontos celulares diferenciado.

Atópase no menú: Calidade do Leite - Control Leiteiro - Laboratorio Extendido

Cambio Fecha Recontos Celulares

Pode ser que os recontos celulares, nalgún momento, viñeran cunha data que non lle correspondía. Esta pantalla existía para correxir esa data. Primeiro se selecciona a explotación e ao darlle a seguinte aparecen nunha tábola os recontos celulares da mesma. Hai forma de cambiar directamente editando a data dende a táboa da fila que está mal. Tamén hai un botón onde se lle indica a data que se lle quere poñer e, pulsando o botón Cambiar Fecha, cambiará a data de todos as filas visibles. Así que débese usar con coidado e fixándonos ben o que cambiamos. A esta pantalla só poden acceder usuarios administradores.

Atópase no menú: Calidade do Leite - Control Leiteiro - Cambio Fecha Recontos Celulares

Produccións Diarias

Esta parte foi feita cando había unha colaboración con Uniform Agri para importar as produccións e os muxidos do software que conectaba coa sala de muxido.

Muxidos

Aquí imos poder consultar os datos dos muxidos dos animais dos datos importados de Uniform Agri. Podemos consultar por explotación, nun rango de datas ou sin especificar explotación e veremos os datos nese rango das explotacións que teñamos asignadas e teñan datos.

Ao día de hoxe, hai datos entre o 2021 e o 2022 dunhas poucas explotacións.

Hai un botón de importar datos que consultaba a ubicación no servidor ftp onde o Uniform iba deixando os arquivos e facía a importación dos mesmos. Tamén hai un servizo automático que fai esto mesmo ás 11:01h e ás 23:59h.

Nestes intres, xa non hai acordo con Uniform e isto xa non funciona.

Atópase no menú: Calidade do Leite - Produccións Diarias - Muxidos

Produccións

Esta pantalla usa os datos importados dos muxidos da parte anterior facer cálculos con eles e presentalos agrupados por animal.

Atópase no menú: Calidade do Leite - Produccións Diarias - Produccións

Certificación

Neste menú veremos os datos de certificación e auditorías de Calidade do Leite das explotacións.

Empresas Certificadoras

Aquí dispoñemos dunha táboa coas empresas a certificar que podemos dar de alta no programa. Pulsando o botón de engadir rexistro da táboa accedemos a un formulario no que daremos os datos desa empresa.

Atópase no menú: Calidade do Leite - Certificación - Empresas Certificadoras

Asignar Empresas Certificadoras

Aquí imos poder asignarlle as empresas a certificar para as distintas explotacións.

Vemos que temos na parte superior unha táboa onde vemos as explotacións, na parte inferior temos un selector onde temos as empresas a certificar que demos de alta no anterior apartado. A forma de proceder é seleccionar as explotacións que queremos asignar na táboa e a empresa a certificar na parte inferior, feito isto pulsamos o botón Finalizar. Debemos comprobar que na táboa superior conste o cambio no campo da táboa que pon “Empresa a certificar”

Atópase no menú: Calidade do Leite - Certificación - Asignar Empresas Certificadoras

Auditorías

Nesta parte é onde os técnicos cualificados para facer as auditorías de calidade do leite cubrirán os datos das enquisas que xa configuramos previamente na parte de Administración. Imos velo.

Temos unha árbore e un panel co formulario á dereita. A estructura da árbore é a seguinte. Primeiro está a explotación, estas teñen auditorías, e cada unha delas identifícase coa data na que se introduciu e a persoa que a fixo, e das auditorías colgan as seccións que conteñen as preguntas.

As preguntas son as que a persoa que audita ten que completar para poder realizar a auditoría. Ao crear unha nova, poñéndonos na sección auditorias da explotación e dándolle ao botón de insertar do formulario, copia a configuración que creamos na parte de Administración e xa as cubre por defecto como aló lle dixemos. A persoa que audita só terá que cambiar as que non se correspondan coas predefinidas e poñer as observacións pertinentes.

Cando seleccionamos as diferentes enquisas na árbore, o panel dereito mostra a información xeneral da enquisa, como a data, a información da persoa que audita e aparece un botón Imprimir con que imprimir un informe da enquisa.

Agora imos navegar ata unha pregunta dunha auditoría para ver que información aparece no formulario.

Na captura vemos que cando temos seleccionada unha das preguntas da enquisa na árbore, o panel dereito mostra a información da pregunta e cal foi a evaluación da persoa que audita. Podemos modificar a resposta se procede. Cando o fagamos, pulsamos o botón de actualizar do formulario para que garde os trocos.

Atópase no menú: Calidade do Leite - Certificación - Auditorias

Informe auditoría a explotación

Neste menú imos poder asignar as enquisas ás explotacións e xerar o informe coas indicacións para a mesma derivadas da enquisa. Para isto temos a seguinte pantalla.

 Enquisa a informe.

Como podemos ver, trátase dun asistente. No primeiro paso temos que seleccionar a explotación e as datas de consulta, vemos ademáis unha táboa na que aparecerán os informes de certificación que se fixeron no periodo seleccionado nesa explotación. Se queremos editar algún informe deses, temos que seleccionalo e pulsamos no botón seguinte. Polo contrario, si queremos crear un informe novo, entón non seleccionamos ningunha fila das da táboa e pulsamos en Seguinte.

O seguinte paso será este.

 Enquisa a informe paso 2.

Como vemos temos que seleccionar as datas, o técnico e o contacto da explotación. Si a explotación non tivera dado de alta ningún contacto, podemos darlle ao botón de Alta Contacto y Firmar, o que abrirá o seguinte cadro de diálogo.

 Alta contacto de explotación

Aquí cubrimos os datos e inserimos o rexistro, unha vez feito, o contacto aparecerá logo de pulsar o botón Actualizar na lista de selección.

O seguinte paso é este.

 Enquisa a informe paso 3.

Aquí temos que seleccionar da táboa a enquisa coa que relacionar o informe e pulsamos no botón Finalizar. Esto fará que aparezca na pantalla o informe de certificación.

Para ver a enquisa podemos seleccionar o elemento da táboa e pulsar no botón .

Atópase no menú: Calidade do Leite - Certificación - Informe auditoría a explotación

Plan de Auditorías

Aquí podemos consultar os informes de auditorías que foron emitidos ás explotacións. Temos que seleccionar as datas da consulta e pulsar no botón Buscar, aparecerán os rexistros na táboa para poder consultalos. Para poder velos temos que ir ao apartado anterior, esta táboa soamente se usa de consulta rápida.

Atópase no menú: Calidade do Leite - Certificación - Plan de Auditorias

Benestar

O mesmo que a Certificación, aquí aparecerán as enquisas que configuramos no apartado de Benestar da parte de Administración e faremos os informes de Benestar.

Auditorías Benestar

Isto funciona da mesma maneira que a sección de Auditorías. Coa particularidade que estamos creando enquisas de Benestar Animal.

Atópase no menú: Calidade do Leite - Benestar - Auditorías Benestar

Informe auditoría benestar a explotación

Esta funciona igual que a que explicamos no apartado Informe Auditoría a Explotación.

Atópase no menú: Calidade do Leite - Benestar - Informe auditoría benestar a explotación

Plan de Auditorías Benestar

Análogamente a como tiñamos no apartado Plan de Auditoría da sección de Certificación.

Atópase no menú: Calidade do Leite - Benestar - Plan de Auditorías Benestar

Enquisas

Aquí poderemos introducir no sistema calqueira tipo de enquisa que teñamos configurada previamente no configurador de enquisas da parte de Administración.

Veremos a pantalla co árbore de explotacións que teñamos asignadas e dende aí podemos dar de alta unha enquisa para esa explotación. Debemos indicar a data da enquisa, o técnico que a realiza e que tipo de enquisa estamos a introducir.

Unha vez pulsemos o botón insertar, creará o rexistro da enquisa coas categorías e as preguntas que teña configuradas previamente. Por defecto as preguntas cúbrense por defecto a todo chequeado e, se nalgo non cumple ou queiramos indicar algunha observación, poderemos facelo pinchando na pregunta en concreto e poñendoo no formulario.

Para imprimir a enquisa, imos ao rexistro principal na árbore onde pon a data, o técnico e o tipo de enquisa e, no botón imprimir, poderemos vela cuberta. Como vemos sae no título o tipo de enquisa e os datos da granxa e do técnico, así como a data. As observacións que imos poñendo en cada pregunta aparecerán ao final da mesma nun apartado de Observacións

Atópase no menú: Calidade do Leite - Enquisas

Utilidades

Aquí temos acceso a varias utilidades.

Exportar Mamitis CONAFE

Este apartado está creado para exportar os datos das follas de establo de mamitis en Excel para envialo a CONAFE a principios de mes xunto co de podoloxía.

Temos que poñer o intervalo de datas a enviar, normalmente collemos todo o mes que temos que enviarlles. Si estamos a principios de Outubro, por exemplo, o que temos que coller para enviar será todo o mes de setembro. Pulsamos en Buscar e collerá todas as follas de establo de calidade do leite das explotacións que teñan código de CONAFE, unha vez temos datos na táboa, coas columnas que xa se ven e sen modificar orde nin facer filtros, usamos o botón da táboa de Exportar Excel. Dicímoslle onde gardalo e ese será o que lle teñamos que enviar por mail a CONAFE todos os meses.

Atópase no menú: Calidade do Leite - Utilidades - Exportar Mamitis CONAFE

Seguinte sección Menú Alimentación

barra_menu_principal/menu_calidad_leche.txt · Última modificación: 2026/03/05 12:32 por admin