Para iniciar sesión temos a seguinte pantalla
Introducimos o nome de usuario e o contrasinal proporcionados por Seragro, S.C.G. e facemos clic en Aceptar . Para saír podemos facer clic no botón Cancelar .
Para poder iniciar sesión temos que ter en conta o seguinte:
Cada usuario no momento do rexistro ten asociado un período de caducidade do acceso, polo que se o usuario tenta acceder despois desta data, o acceso denegarase. Os usuarios teñen un período de validez de 1 ano, agás o persoal de Seragro, S.C.G. Para a renovación da licenza deben contactar chamando ao 981941784.
Os usuarios poden estar bloqueados na base de datos que impide o acceso.
A aplicación precisa de Java instalado na computadora para o seu correcto funcionamento. Se Java non está instalado, pode instalalo na seguinte ligazón.
Instalador de Java
Se precisa axuda para instalar Java, pode seguir as instrucións deste tutorial. Instalación de Java
Seguinte sección Dentro da aplicación