Menú Administración
(Este menú es solo accesible a administradores)
Como o seu nome indica con este menú imos ter acceso as operacións de administración da aplicación. É de entender, por iso, que non todo usuario poida ter acceso a todos os contidos do mesmo. O usuario Administrador é o único perfil que pode ver a totalidade das opcións deste menú.
Neste menú temos os elementos mestres ou sexa datos que se usan no resto da aplicación como tipos de datos.
Son as categorías de acción que se almacenan na táboa de accións animais á hora de dar un rexistro. Neste momento, nesta táboa, só se almacenan as accións das categorías Reprodutivas e de Calidade de Leite.
É a clasificación de lotes nos que o animal se vai atopando ao longo da súa vida reprodutiva.
Aquí definimos os tipos de patoloxías que pode estar presentes nos animais. Vannos a servir para o apartado de Tratamentos para definir o diagnóstico inicial.
Neste apartado podemos ver os servidores e os seus datos. Existe un servidor central, que é onde reside a aplicación online, e unhas estacións de traballo offline que teñen servidores propios. Danse de alta aquí para que a aplicación saiba que portátiles teñen a versión offline, con que usuario e o módulo da aplicación co que traballan para que se xeren as marcas de comunicación propias dese módulo para que logo, na sincronización de datos, sáibase que rexistros teñen que ir para cada un. Sempre que se instale un programa offline novo, débese de indicar aquí o rexistro para que funcione a sincronización.
Aquí podemos ver e definir todos os servizos que se prestan na cooperativa. Utilízanse logo para facer a Facturación de Servizos dos técnicos da cooperativa.
Táboa onde temos definidas as tarifas dos servizos. Á hora de editalas ou configuralas, hai que ter coidado de que conserven os nomes que teñen e non teñan % nen cousas que hai agora metidas nos servizos porque se aparecen distinto, é posible que non se calculen ben á hora de facturar.
Aquí veñen definidas os tipos de accións que podemos realizar en varias seccións da aplicación tales como Acciones Reprodución ou Acciones Calidade de Leite.
Tipos de formas de pago definidas para o uso en facturas e albarás de podoloxía.
Tipos de instalacións como os silos, que logo poden ser utilizados na parte de Alimentación.
Definición dos tipos de IVE
Tipos de maquinaria, entre os que se atopan as salas de muxo, que son utilizadas na parte de Calidade de Leite.
Definición das categorías de persoal que existen. Neste apartado incluímos os tipos de persoas que traballan nunha explotación que son utilizados na parte de nóminas en Xestión.
Tipos de pezonera que aparecen na selección do planing de Calidade de Leite.
Definición dos tipos de produtos que existen, úsanse normalmente nos medicamentos.
Tipos de tarefas que existen, utilízanse para categorizar os avisos.
Categorización de traballos externos que se realizan. Na actualidade, non se usa.
Definición dos tipos ou categorías das visitas que se realizan ás explotacións.
Definición dos tipos de usuarios que existen na aplicación.
Aquí poderemos definir os tratamentos de secado.
Neste menú imos poder realizar accións referente aos medicamentos.
Aquí imos poder definir as accións terapéuticas dos medicamentos.
Tipos de compostos activos presentes nos medicamentos.
Definición das familias ás que pertencen os medicamentos.
Grupos aos que pertencen o medicamento para uso no rexistro de receitas.
Definición das indicacións ás que se aplican os medicamentos.
Relación dos laboratorios cos que se traballa.
Con este menú podemos acceder a un formulario no que podemos consultar e inserir medicamentos. É o vademecum da aplicación e debe ser actualizado cada vez que haxa cambios nos mesmos, xa que é utilizado na parte de Receitas.
Definición dos medicamentos que se usan na facturación dos servizos veterinarios. Deben ser dados de alta aquí os medicamentos que os técnicos vaian facturar, indicando os códigos de produto e as propiedades comúns ás receitas xa que, a partir deles, tamén os técnicos poden xerar as súas. O código Nacional, as presentacións, as composicións e os dias de tratamento por defecto deben ser RIGUROSAMENTE BEN CONFIGURADOS xa que afecta logo á hora de facer recetas e enviar as prescripcións a PRESVET. Pódense actualizar pulsando o botón do CIMAVET mediante consulta online aos seus servizos web.
Neste apartado podemos consultar os cambios feitos nos medicamentos. Para iso fixamos as datas e buscamos. Na táboa inferior parecerannos os cambios.
Para inserir un rexistro podemos utilizar os controis da táboa. Se clicamos nun elemento aparécenos un formulario no que podemos modificar os rexistros.
Neste menú podemos realizar todas as operacións referentes ao control de fichaxes dos usuarios e traballadores
Definición dos festivos. Débense dar de alta todos os anos, ou ben se poden importar do arquivo que sobe a xunta todos os anos en https://abertos.xunta.gal/catalogo/economia-empresa-emprego/-/dataset/0427/
Podemos controlar as fichaxes mediante este menú. Imos ver como se usa esta xanela.
Como podemos ver na imaxe o primeiro que temos que facer é seleccionar o traballador, establecer as datas entre as que se queren visualizar as fichaxes e logo clicar no botón buscar. Si vemos na imaxe vemos unha fila de cor vermella, as filas poden sinalarse, ao consultalas, en cor vermella ou laranxa advertindo de posibles problemas coa fichaxe por exemplo unha mal fichaxe.
Desde esta pantalla, o usuario administrador, poderá dar de alta fichaxes si pulsa o botón de engadir rexistro da táboa e dando os datos do mesmo no formulario de introdución. Da mesma maneira que pode corrixir unha fichaxe si fai dobre click sobre a liña do mesmo e modifícao.
Neste apartado poderemos obter un informe con máis detalle das fichaxes dun traballador incluída as horas que traballo por día así como outros datos. A interfaz é moi similar á do apartado anterior coa excepción de que temos un botón adicional Calcular Intervalo que nos vai a calcular as horas de traballo do traballador para poñelas no informe.
Igual que no menú de supervisión de fichaxes, temos que escoller o traballador a supervisar, e as datas entre as que queremos obter a información. O funcionamento é o seguinte:
Neste apartado imos controlar a información referente ás explotacións. Cando clicamos nesta opción aparécenos a seguinte xanela.
Na imaxe podemos apreciar un panel con varias pestanas, un panel á esquerda onde podemos visualizar unha imaxe da explotación si houbésea e un panel inferior cunha táboa que nos mostra as explotacións existentes.
Imos deternos no panel de pestanas e explicar que información podemos consultar e modificar en cada unha delas.
Importante:
A eliminación dunha explotación conleva a eliminación dos rexistros asociados á explotación das seguintes entidades, EAnimales, EContactos, EInstalaciones, EMaquinaria, EExplotacion_rega, EPersonal, ERecetas, ETareas, EVisitas, EUsuarios_explotaciones_todos, ERecuentos_celulares, EDatos_produccion, EMuestras_ligal, EMuestras_ligal_medias, EMuestras_laboratorio, EMuestras_laboratorio_resultados, EMuestras_laboratorio_leche, EMuestras_laboratorio_resultados_leche, EMuestras_laboratorio_antibiograma, EPeticion_analisis_materia_prima, ETipos_cow_confort_vacas, ECow_confort, EServidores.
Aquí temos os datos principais das explotacións aos que podemos acceder, entre eles os datos identificativos, a cantidade de ordeños que realizan ao día e as horas aos que se realizan, tamén os datos de contacto, etc… Caben destacar, nesta parte, os datos do correo electrónico e Móbil, que se usarán nos distintos medios que ten a aplicación de comunicar resultados, ben por mail ou por sms. Tamén é importante poñer ben os ordeños para cálculos dos planings de calidade de leite. O código de xestión, que é o que enlaza co ERP de Xestión de Seragro, S.C.G., a zona na que está para a parte de podoloxía e si é unha granxa de recría ou non, xa que non teñen o mesmo funcionamento interno un e outro tipo de explotación.
Aquí temos outros datos de configuración da explotación, entre eles:
Usuarios que teñen asignada a explotación que se consulta. Para asignar usuarios temos que facelo desde a pantalla de Admimistración → Usuarios, seleccionando o usuario y asignando a explotación. Podemos atopar mais información en Usuarios
Número de Rexistro de Explotacións Gandeiras. Por defecto créase un REGA xeneralizado a partir do CEA da explotación que, si non é correcto, hai que corrixir. Si traballa con varios REGA, hai que indicalos aquí xa que é un campo importante no envío de rexistros de antibióticos das receitas veterinarias.
Para engadir REGAS temos que usar o botón de inserción da táboa, A inserción realizase na entidad EExplotacion_rega
Aquí poderiamos incluír incidencias da explotación en caso de habelas.
Podemos configurar os avisos asociados á explotación que queremos que nos saian na pantalla inicial de avisos da aplicación por perfil de usuario.
Aquí podemos establecer o veterinario por defecto da explotación que logo aparecerá como por defecto á hora de facer as receitas a esa explotación.
Aquí podemos establecer a empresa certificadora que ten asociada a explotación, para a parte de certificación de calidade de leite, aínda que poderemos facelo desde a parte de certificación no menú de calidade de leite.
Nesta pantalla podemos configurar a forma na que dispénsanse as recetas. Podemos configurar o enderezo electrónico das explotacións nas que se lles envía un email coas recetas ou si van dispensarse por impresión.
No seguinte captura vemos a interface
Vemos que temos unha táboa na que podemos editar tres campos correspondentes ao “Email”, “Dispensar receta por email” e “Dispensar receta impresión”. Pódense usar estes campo ou podemos seleccionar varias explotacións e utilizar os botóns que temos na táboa para marcar ou desmarcar dispensación por email ou impresión
Aquí podemos controlar o referente aos usuarios da aplicación. É unha das pantallas máis importantes para os usuarios administradores xa que controla quen pode entrar na aplicación, de que forma e o que pode ver. Na seguinte captura podemos ver esta xanela.
Árbore de navegación: Neste parte podemos navegar polos usuarios e os seus tipos, debemos de ter en conta que cada vez que navegamos cara a un usuario doutro tipo, cambian o panel da dereita en dependencia do tipo de usuario seleccionado. Si seleccionamos a palabra Usuarios, o formulario cambiará para poder operar directamente sobre a táboa de usuarios.
Panel de datos de usuario: Aquí podemos ver e cambiar os datos de usuario. Para os usuarios Técnicos, hai certos campos que hai que cubrir para que os recoñeza dunha maneira ou outra.
Panel de entidades asociadas: Neste panel podemos ver as explotacións que ten asociada un usuario (e asocialas ou desasociárselas, segundo a necesidade). A segunda pestana son as explotacións ás que ten permiso entrar na parte do servizo de Xestión e, a terceira pestana, os vehículos asignados ao usuario. En todas hai un formulario para poder inserir ou quitar rexistros a cada unha das táboas.
No caso de que teñamos seleccionado un usuario de tipo técnico temos a posibilidade de inserir a sinatura e unha foto do mesmo mediante o panel que aparece na seguinte captura da pantalla:
Para inserir a sinatura temos duas opcións
Unha vez que temos a imxen da sinatura no panel correspondente temos que asgurarnos de que aplcamos os cambios co botón do formulario.
Neste apartado imos ter acceso a todos os vehículos, similar a como temos no apartado de usuarios temos unha árbore de navegación na esquerda na que podemos seleccionar o vehículo provocando que se nos encha automaticamente os datos no panel da dereita. É o lugar no que damos de alta os vehículos que logo podemos asignar no panel de usuarios e tamén á hora de facer un servizo de podoloxía.
A este menú accedemos para acceder a algunhas configuracións da aplicación.
Con esta xanela podemos configurar os diferentes perfís de usuarios da aplicación, concedendo ou restrinxindo o permiso aos menús e entidades aos diferentes perfís de usuario. Con esta xanela podemos modificar directamente o arquivo XML da configuración do programa. Esta opción é normalmente utilizada polos programadores.
Aquí podemos ver os persoais de informes que están instaladas no programa.
Como vemos nesta imaxe temos un panel esquerdo no que podemos agregar, eliminar ou ver os persoais de informes que temos. Para agregar un novo informe clicamos no botón correspondente e logo apareceranos un cadro de diálogo onde podemos navegar ata o informe e agregar un título e unha descrición. Para dar de alta un informe é necesario asignar unha ide manualmente que logo asignaremos por código para a apertura dese informe desde a aplicación. Esta parte é só para programadores.
Neste apartado podemos rexistrar as visitas que se fan nas explotacións. Non se usa.
Con este menú accedemos á configuración do xestor de capas GIS, esta opción é utilizada polos programadores. Non se usa.
Neste apartado podemos configurar as preguntas que son utilizadas para realizar as enquisas para a certificación das explotacións. O formulario consta dun panel esquerdo no que temos unha árbore de navegación na que podemos acceder ás preguntas organizadas por categorías, e o panel dereito onde temos os datos da pregunta seleccionada. É moi importante poñer ben a orde, tanto da categoría como o das preguntas e non repetir os números xa que, en función de como o fagamos aquí, apareceranos ordenada a enquisa no papel á hora de sacala ou vela.
É análogo ao apartado anterior pero para a enquisa de benestar.
Neste menú podemos facer varias consultas que son importantes para os administradores.
Neste apartado podemos imprimir e visualizar as asignacións dos usuarios con respecto ás explotacións. Imos ver como podemos facelo.
Primeiro atopámonos con esta xanela na que temos que clicar no botón de refrescar a táboa.
Logo aparécennos todas as explotacións que temos no sistema nese momento, a continuación temos que seleccionar as explotacións sobre as que queremos obter os informes, para iso podemos axudarnos dos botóns da táboa para eliminar as liñas coas explotacións que non queremos ou para eliminar todas menos as que temos seleccionadas.
Eliminamos as liñas para quedarnos só con esas dúas explotacións. Quedando así.
Finalmente podemos clicar nos botóns Mostrar ou Imprimir, para mostrar os datos das asignacións na táboa ou imprimir un informe respectivamente.
Aquí podemos xerar ou visualizar as accións que realizado os usuarios. No formulario primeiro escollemos os usuarios do selector e logo encherállenos a táboa cos datos de todas as accións que realizou o usuario, por exemplo accións reprodutivas ou de calidade de leite. Temos un botón no panel inferior co que podemos imprimir informes.
Podemos aquí consultar as incidencias que teñas as explotacións, simplemente escollemos a granxa no selector na parte superior e inmediatamente aparecen as incidencias na táboa.
Aquí podemos consultar os rexistros de sincronización.
Aquí imos poder controlar as importacións de datos á aplicación.
Con esta xanela imos ter 4 opcións controladas por senllos botóns. As accións que realizan cada botón son as seguintes.
Esta opción actualmente está en desuso xa que todo impórtase mediante un correo electrónico que chega todos os días desde o Ligal e que a aplicación procesa automaticamente.
Esta importación nos permitirá traer las compras de los técnicos que constan en el sistema ERP para la base de datos de Gesgando.
La interfaz para la importación es la siguiente:
Aquí tenemos que primero establecer los criterios. Ponemos el rango de códigos de alamacén y proveedores que queremos importar, luego el rango de fechas de registros y a continuación le damos al botón Importar compras programa novo.
En el código fuente se realizan las siguientes operaciones
Al final saldría un mensaje de importación realizada. No caso de fallar, revisar se o certificado dixital de opensoft instalado no java está caducado e reemplazalo.
Aquí imos poder realizar varias operacións de exportación a diferentes ficheiros
Esta sección actualmente está en desuso.
Esta sección actualmente está en desuso.
Aquí poderemos trasladar os rexistros de facturación de medicamentos cara ás bases de datos que se utilizan en Xestión e Contabilidade. Para iso temos un asistente.
No primeiro paso temos que seleccionar as liñas de facturación que queremos pasar, para iso temos a seguinte interfaz na que temos que seleccionar as datas, o técnico e outros parámetros e pulsar no botón Buscar. Seleccionamos as liñas que nos interesan e pulsamos no botón Seguinte.
No segundo paso apareceranos un informe onde podemos ver unha vista previa das liñas que se pasarán. Logo de cerrar este informe, na pantalla principal veremos unha táboa con estes mesmos albarás e terminamos pulsando no botón Finalizar o que terminaría de pasar os datos á táboa de xestión.
Aquí imos ter unha acción similar á que tiñamos no aparatado anterior pero para os albarás de podoloxía.
O mesmo que nos apartados anteriores para pasar a facturación doutros servizos ás táboas de xestión e contabilidade.
Con este menú podemos acceder a diferentes opcións que nos permitirán trasladar datos entre diferentes entidades.
Podemos copar os datos de animais entre varias explotacións. Primeiro sáenos unha pantalla na que temos que seleccionar a explotación orixe e destino, logo clicamos no botón Seguinte. Na seguinte pantalla sálguenos unha táboa cos animais que podemos copiar, seleccionamos e clicamos en Finalizar. Hai que ter en conta que esta pantalla o que fai é cambiar o animal de explotación, o que fai que cambie o enlace dunha granxa por outra, non da baixas nin altas e non mantén o historial na antiga granxa, traslada todo á nova.
Similar a como tiñamos no apartado anterior aquí podemos proceder de maneira análoga para copiar os datos de asignación aos técnicos. O que facemos é coller un técnico orixe e un de destino. Ao darlle a seguinte copiará as explotacións asignadas ao primeiro técnico ao segundo. Se marcamos a opción de sustituír, borraranse primeiro as do destino para copiar as do orixe.
Similar a como tiñamos no apartado anterior aquí podemos proceder de maneira análoga para copiar os datos de asignación das explotacións dun usuario do perfil Tenda a un do perfil técnicos.
Similar a como tiñamos no apartado anterior aquí podemos proceder de maneira análoga para copiar os datos de asignación das explotacións dun usuario do perfil Tenda a outro.
Neste apartado o que facemos será copiar os datos da orixe ao destino. Primeiro borra os datos que teñan o identificador interno da explotación nas táboas de animais (os tratamentos destes animais), historial de accións, accións, accións de podoloxía, albaráns de podoloxía, visitas de podoloxía, mostras de ligal, medias de ligal, maquinaria e accions de maquinaria (planings de Calidade do leite). Logo copia os rexistros que leven o identificador desas táboas da explotación orixe nas mesmas táboas poñendo o identificador da de destino. (Esta función leva tempo sin actualizarse e existe a posibilidade de que non se copien todas as columnas das táboas de recente adición).
Acaba de implementarse unha función que funcionara hai tempo pero que hai tempo que deixara de funcionar porque na plataforma de programación na que está baseado Gesgando se deixara… O que facía esta función é poder ter gardada unha configuración nas táboas da aplicación e nalgunhas pantallas (as que teñen as barras de separación para dividir a táboa de datos dos controis, como ten a de Informes RE) e poder pasarlla a outro usuario para que este último non tivera que voltar a configurar todo de novo. Para poder facer isto, só o poderán facer os usuarios administradores.
Só teremos que seleccionar un usuario orixe (do cal se copiará a configuración) e outro destino (ao cal se lle copiará a configuración)
Pulsamos o botón de Finalizar e copiará a configuración dun usuario a outro.
Se o usuario destino aínda non iniciou sesión en Gesgando, a vez que inicie xa comezará coa configuración copiada.
Se o usuario destino xa ten iniciada algunha sesión en Gesgando, a próxima vez que entre, entrará coa configuración copiada.
Non se pode copiar unha configuración a o usuario que está facendo a copia (si o usuario admin entrou na pantalla e quere copiarse a configuración dalguén, non será posible facelo, xa que Gesgando graba a configuración actual ao pecharse, co cal, logo de copiar a configuración, se o usuario pecha, seguirá na configuración que ten na sesión en activo).
Con este menú imos poder enviar mensaxes SMS aos usuarios de diferentes formas, a un só usuario ou a moitos á vez.
Aquí poñendo en Destinatarios un número de móbil e escribindo unha mensaxe, poderemos enviar un SMS consumunindo crédito de Mensatek.
Neste poñemos primeiro a mensaxe e ao pulsar seguinte debemos deixar visibles aos usuarios que dispoñan dun móbil a quenes lles queiramos enviar esa mensaxe, consumindo crédito de Mensatek.
Análogo ao apartado anterior pero, neste caso, os destinatarios son as explotacións que dispoñan dun móbil.
Nesta pantalla temos unha táboa onde, elexindo un usuario, podemos ver os SMS que se lle enviaron. Debaixo temos un intervalo de datas e un botón no que sacar un informe de SMS enviados agrupados por usuario nese intervalo. E no final, un botón onde podemos consultar os créditos de Mensatek que nos quedan.
Nesta pantalla vemos unha táboa na que podemos ver as configuracións de envios automáticos gardadas. Ao pulsar o botón de refrescar a táboa, veremos todas as configuración existentes para cada explotación.
Neste apartado podemos xestionar os provedores. Trátase dunha táboa na que podemos visualizar, filtrar e inserir datos.
Os mesmo que no apartado anterior pero para clientes.
Podemos con este menú podemos configurar as formas de pagos dispoñibles. Estas opcións de pago utilízanse normalmente cando se xeran facturas.
Establecer os grupos nos que se poden definir os gastos, o grupo contable ao que pertencen entre outros elementos.
O mesmo pero para os ingresos
Grupos aos que se pode definir que van os gastos ou investimentos.
Grupos no que poden encadrarse os investimentos.
Con esta xanela podemos importar ficheiros de facturas de xestión.
Seguinte sección Menú Principal