Ás veces, xa sexa porque a descarga da aplicación falle ou una actualización de Java se faga mal ou simplemente se faga algún cambio no servidor e non abramos a aplicación asegurándonos de ter conexión, cando tratamos de iniciar a aplicación en offline ou o server, incluso inda que teñamos conectado o ordenador a internet, pon un mensaje de error que pon que no se puede iniciar la aplicación e non funciona e non hai maneira de abrila. Para solucionar esto hai que facer o seguinte: Primeiro de todo, temos que ter conexión a internet, si non a temos xa excusamos de facer nada hasta que non a teñamos (incluso chamar á oficina) Logo o que facemos e pulsar o botón de inicio e tecleamos Panel de Control {{ :panel_control.png?nolink |}} Si nos aparece isto {{ :panel_categorias.png?nolink |}} Temos que pulsar en Ver por: e onde pon Categoría temos que elexir Iconos grandes e xa veremos o panel enteiro. Aí temos que facer doble click en Java {{ :panel_java.png?nolink |}} Dentro do Panel de Control de Java, pulsamos o botón de Configuración {{ :boton_configuracion.png?nolink |}} Aparecerá esta outra pantalla na que teremos que pulsar no botón Suprimir Archivos {{ :boton_suprimir_archivos.png?nolink |}} E na seguinte que nos aparece, temos que marcar todas as opcións e Aceptar {{ :marcamos_todo_aceptar.png?nolink |}} Agora aceptamos todas as pantallas e nos imos ao navegador de internet e entramos na páxina de Seragro e teremos que volver a instalar as aplicacións dende aquí. Para iso temos que utilizar os seguintes enlaces en función da que queremos instalar, ben pinchando en ela ou copiando a dirección do enlace e pegandoa na barra de dirección do navegador web que utilicemos. Os enlaces ás aplicacións son as seguintes: Server: [[http://srvcloudseragro.opensoftsi.es:8080/gesgando/start_server_local.jnlp]] Repro: [[http://srvcloudseragro.opensoftsi.es:8080/gesgando/start_repro.jnlp]] Racion: [[http://srvcloudseragro.opensoftsi.es:8080/gesgando/start_racion.jnlp]] Podoloxía: [[http://srvcloudseragro.opensoftsi.es:8080/gesgando/start_podo.jnlp]] Calidade: [[http://srvcloudseragro.opensoftsi.es:8080/gesgando/start_calidade.jnlp]] Xestión: [[http://srvcloudseragro.opensoftsi.es:8080/gesgando/start_xestion.jnlp]] Vamos a ver cómo podemos restaurar o server que acabamos de borrar e crear o acceso directo de novo. Primeiro pulsamos na dirección das de arriba que lle corresponde á do Server e, se estamos en Google Chrome, aparecerá isto na zona das descargas arriba á dereita {{ ::permtir_descarga.png?nolink |}} Debemos darlle ao botón de Descargar para que nolo descargue e logo pulsamos no arquivo descargado {{ :descarga_hecha.png?nolink |}} Se aparece a ventana de actualizar o Java, temos que marcar No volver a preguntar e pulsar a terceira opción Más tarde {{ :mais_tarde_non_mostrar.png?nolink |}} E comezará a descargar e, ao finalizar, abrirá a aplicación ou o server, dependendo do que esteamos tentando reinstalar. Unha vez termine de descargar abrirá o servidor (neste caso, si é o programa o que estamos a descargar abrirá o programa). Pechámolo e volvemos a Panel de control e volvemos a pinchar Java. Volvemos a pinchar o botón Ver e veremos que volve a aparecer o Server. Pinchámolo, e nos botón de arriba pulsaremos o da flecha negra para instalar o acceso directo {{ :panel_aplicacions_instaladas.png?nolink |}} Pechamos todo e xa debería de aparecer o acceso directo no escritorio e todo debería funcionar de novo. **SE NON NOS DEIXA PINCHAR NO ICONO DE CREAR O ACCESO DIRECTO, DEBEMOS REPETIR A OPERACIÓN DE ELIMINAR AS APLICACIÓNS QUE NON NOS DEIXE E VOLVER A INSTALALAS ATA QUE NOS APAREZA. É IMPORTANTE QUE ANTES DE SALIR DE CASA OU DO SITIO DONDE TEÑAMOS INTERNET COMPROBAR QUE ABREN PERFECTAMENTE TANTO O SERVER COMO A APLICACIÓN PORQUE SI NON DESPOIS, CANDO CHEGUEMOS O LUGAR ONDE IMOS TRABALLAR, IMONOS ATOPAR QUE NON VAI FUNCIONAR E NON IMOS PODER ARREGLALO HASTA QUE NON TEÑAMOS CONEXIÓN.**