====== Inicio de sesión ====== Para iniciar sesión temos a seguinte pantalla {{ :wiki:gesgando_inicio_sesion.png?400 |}} Introducimos o nome de usuario e o contrasinal proporcionados por Seragro, S.C.G. e facemos clic en ** Aceptar **. Para saír podemos facer clic no botón ** Cancelar **. ===== Posibles problemas ao iniciar sesión ===== Para poder iniciar sesión temos que ter en conta o seguinte: * Cada usuario no momento do rexistro ten asociado un período de caducidade do acceso, polo que se o usuario tenta acceder despois desta data, o acceso denegarase. Os usuarios teñen un período de validez de 1 ano, agás o persoal de Seragro, S.C.G. Para a renovación da licenza deben contactar chamando ao 981941784. * Os usuarios poden estar bloqueados na base de datos que impide o acceso. * A aplicación precisa de Java instalado na computadora para o seu correcto funcionamento. Se Java non está instalado, pode instalalo na seguinte ligazón. [[http://srvcloudseragro.opensoftsi.es:81/java.exe|Instalador de Java]] Se precisa axuda para instalar Java, pode seguir as instrucións deste tutorial. [[gl:primeros_pasos:instalacion_de_java|Instalación de Java]] ;;# Seguinte sección [[gl:primeros_pasos:dentro_aplicacion|Dentro da aplicación]] ;;#